Pau de san Gregorio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Arranxos varios
Liña 15:
O '''pau de san Gregorio'''<ref>Nome vulgar preferido en galego no dicionario da Real Academia Galega - http://www.realacademiagalega.org/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=pau. Tamén en ‘’Termos Esenciais de Botánica’’ da Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Lugo - Universidade de Santiago de Compostela, 2002</ref> ou '''gregoriño''' ('''''Prunus padus'''''), é unha [[especie]] de [[árbore]] natural de [[Europa]] e que pertence ao xénero '' [[Prunus]]'', á [[familia (botánica)|familia]] das [[rosáceas]]. Medra en terreos acedos nos [[bosque]]s húmidos. É unha árbore escasa e ameazada en Galiza, presente en diferentes zonas do territorio no pasado, atopándose hoxe nas zonas altas das provincias de Lugo e Ourense.
== Nome galego ==
[[Marcial Valladares Núñez]]<ref> Marcial Valladares Núñez no seu ''Diccionario gallego-castellano'', 1884, Santiago, Imp. Seminario Conciliar - http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.php?pescuda=gregori%F1o&tipo_busca=lema</ref> dicía que o nome galego semella vir dunha árbore que un estranxeiro atopou en [[Comarca do Deza|Deza]], xunto á capela de San Gregorio. Pensouse de feito durante moito tempo que era unha especie única desta zona.
[[Martín Sarmiento]] xa falaba desta árbore: <ref>''Catálogo de voces y frases de la lengua gallega'', (1746-1755):ed. de J. L. Pensado Tomé (U. de Salamanca en 1973) -http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.php?pescuda=san%20gregorio&tipo_busca=lema-</ref>
''Din que é unha árbore única en Galiza e que só se atopa nun monte de [[Comarca do Deza|Deza]], no camiño de Santiago, e que un peregrino lle descubriu a propiedade que, tomando en bebida o pau, as follas etc., en infusión, cura o mal da rabia, e a preserva. É común, e ten este pau de prevención nas casas. É pouco maior ca un salgueiro, e as follas algo semellantes ás da cerdeira. Ouvín que o había en [[Millarada, Forcarei|Millarada]], cara Soutelo de Montes''.
=== Outros nomes en galego ===
Liña 23:
== Descrición ==
[[Ficheiro:Vogelkers bloesem.jpg|thumb|right|240px|Flores do gregoriño.]]
É un [[arbusto]] ou [[Árbore|arboriña]] que non pasa dos 7-8 metros. Agroma de cepa e raíz abundantemente,formando grupos ou matas mestas con múltiples rebentos. A copa é arredondada, coas [[póla]]s superiores que ascenden de xeito agudo e as inferiores que se estenden ou fican pénsiles. A [[casca]] é lisa, de cor parda escura, cun forte cheiro a améndoa amarga. As [[folla]]s miden arredor de 10 x 7 &nbsp;cm. Son simples e alternas. Son de forma oval, agudas no ápice, e co bordo é finamente serrado e a cor verde intensa. Polo outono tórnanse amarelas e vermellas. Os pedúnculos das follas son de cor vermella escura. Florea na primavera. As [[flor]]es son miúdas, brancas e recendentes. Fican agrupadas en longas extensións entre 8 a 15 &nbsp;cm e normalmente en acios pénsiles. O [[froito]] é do tamaño dunha [[ervella]] (uns 8 &nbsp;mm.), globular e brillante. Ao madurar pasa da cor verde a negra. É comestíbel aínda que ten un sabor bastante agre, sendo a [[carabuña]] tóxica. Madura a finais do verán. Cómeno os paxaros, que o espallan polas fragas, [[Bosque de ribeira|ribeiras]], beirais dos camiños e montes. As aves silvestres gustan moito do froito, de feito en varias linguas europeas refírense á especie coma "cerdeira dos paxaros". Salientan as [[merlo|merlas]], o [[tordo charlo]] (''Turdus viscivorus''), a [[papuxa picafollas]] (''Sylvia borin'') , a [[papuxa das amoras]] (''Sylvia atricapilla'') e os [[paporroibo]]s (''Erithacus rubecula''). O [[bicogroso]], en grupos familiares, separa as súas sementes do froito e as creba co seu forte bico.
== Hábitat ==
Medra entre 500 e 2.000 metros de altitude, distribuíndose nas [[Bosque de ribeira|ribeiras]], lamazais e, polo xeral, solos húmidos, silícicos e con abondosa materia orgánica das zonas chuviosas.
== Distribución ==
Medra na meirande parte de [[Europa]], [[Asia]] occidental e norte de [[África]], onde é moi rara no ([[Cordal do Atlas|cordal do Atlas Medio]] en Marrocos). Na [[Península Ibérica]] aparece na metade setentrional, en [[Galiza]], [[Asturias]], norte de [[Cataluña]] e [[Aragón]], [[Euskadi|País Vasco]] e [[Navarra]]. En [[Castela e León]] aparece na [[serra de Gredos]], na [[serra de Ayllón]], na [[serra de Guadarrama]], na [[serra de la Demanda]], [[Las Merindades|Merindades]] de Burgos, [[Seabra]], o río Negro, en Zamora e no alto de [[Tormes]].<ref> Ginés López (2007).
''Guía de los Árboles y Arbustos de la Península Ibérica y Baleares'', Madrid: Mundiprensa. ISBN 10: 84-8476-312-9</ref>
=== Galiza ===