Palmeira do Senegal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Bot: Arranxos varios
Liña 17:
A '''palmeira do Senegal''' ('''''Phoenix reclinata''''') é unha [[Palmeira (botánica)|palmeira]] datileira do norte da [[África]], [[Madagascar]] e as [[Illas Comores]].
Medra dende o nivel do mar até os 3000 m, en clareiros de bosques tropicais chiviosos e abas rochosas.
[[Ficheiro:phoenix reclinata.jpg|thumb|180px|left|]]
As palmeiras do Senegal do [[xardín botánico de Padrón]] (en [[Padrón]], A Coruña) atópanse no [[Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia]].
 
Liña 25:
É menor que a palmeira anana, e se asemella máis a un arbusto que a unha árbore, ao contrario da imaxe máis coñecida que se ten dunha palmeira.
 
[[Ficheiro:Reclinatabloom.JPG|thumb|130px|left|]]
 
''P. reclinata'' é unha palmeira [[dioico|dioica]] que produce múltiples caules 7,5 a 15 m de alto e 30  cm de largo. As [[folla]]s son [[pinnadas]] e curvadas, de 2,5 a 4,5 m de longo e 0,75 de largo. A cor das follas é verde intenso brillante cun [[pecíolo]] de 30  cm con espiños longos e afiados na base, con 20 a 40 follas por coroa.
As plantas son unisexuais e as floriñas aparecen na parte alta dos talos. As floriñas masculinas son dun amarelo pálido escuro e desaparecen despois da floración; as femininas son miúdas, globosas e amarelo-verdosas.<ref name = "Roodt (1992)">Roodt, Veronica (1992). ''Phoenix reclinata'' in ''The Shell Field Guide to the Common Trees of the Okavango Delta and Moremi Game Reserve''. Gaborone, Botswana: [[Royal Dutch Shell|Shell Oil Botswana]]</ref> Esta especie bota uns [[froito]]s oblongos e comestíbeis, de cor laranxa cando madurecen e con 2,5 &nbsp;cm de diámetro. Os froitos áchanse en acios largos e pendurados contendo cada un unha semente.<ref name = "Roodt (1992)"/>
 
As palmas do xénero ''[[Phoenix (xénero)|Phoenix]]'' hibridan facilmente unhas coas outras resultando múltipleas variacións naturais. Normalmente aturan algo de salinidade e seca cando a camada freática fica permanentemente alta.<ref name = "Roodt (1992)"/>
 
== Usos ==
[[Ficheiro:Phoenixreclinatafruit.JPG|thumb|right|140px|A colleitar os froitos na palmeira do Senegal (''P. reclinata'')]]
Ademais dos froitos, que consumen animais e humanos, o [[Médula (botánica)|miolo]] da palma é comestíbel ([[palmito]]). En [[Natal, Suráfrica]], e no [[delta de Okavango]], [[Botswana]], apáñase o [[zume (botánica)|zume]] pouco antes da floración para facer [[viño de palma]]. As fibras das follas novas e pechadas pódense usar para facer [[alfombra]]s, kilts e [[vasoira]]s. As raíces conteñen [[tanino]]s e pódense usar para facer colorante marrón. Tamén producen unha goma comestíbel. A madeira é lixeira mais pouco útil.<ref name = "Roodt (1992)"/>
 
== Notas ==