Diferenzas entre revisións de «Clarescuro»

m
Bot: Arranxos varios
(*flamenco>flamengo)
m (Bot: Arranxos varios)
[[Ficheiro:Jacopo Tintoretto 015.jpg|miniatura|275px|''Retrato de dous homes'', de [[Tintoretto]]]]
 
O '''claroscuro''' (ás veces en [[lingua italiana|italiano]], ''chiaroscuro'') é unha [[técnica]] [[pintura|artística]] (en [[pintura]], [[debuxo]] e [[gravado]]) consistente no uso de contrastes fortes entre os volumes iluminados e os ensombrecidos do cadro para destacar máis efectivamente algúns elementos. Desenvolvida inicialmente polos pintores [[Flandres|flamengos]] e [[Italia|italianositalia]]nos do ''[[cinquecento]]'', a técnica alcanzaría a súa maduración no [[pintura barroca|barroco]], en especial con [[Caravaggio]], dando lugar ó estilo chamado ''tenebrismo''.
 
O termo [[italia]]no ''chiaroscuro'', aínda que significa aparentemente o mesmo, é empregado máis especificamente para unha técnica de gravado en [[xilografía]], que por medio de pranchas complementarias dá cores ás imaxes, como se fosen pintadas á [[acuarela]]. O primeiro uso coñecido do termo, con este significado, atribúese ó gravador italiano [[Ugo da Carpi]], quen tería tomado a idea de composicións de orixe alemá ou flamenga. Nos gravados de Da Carpi, o efecto do claroscuro destaca unha figura central iluminada por unha fonte de luz normalmente ausente do plano do cadro; porén, as áreas escuras non están tan acentuadas como chegarían a verse na obra dos principais difusores do ''chiaroscuro'', Caravaggio e [[Giovanni Baglione]].
 
A técnica impoñeríase tamén entre os [[manierismo|manieristas]], sendo exemplos deste uso a ''[[Última Cea]]'' de [[Tintoretto]] ou o seu ''Retrato de dous homes'', que presaxia as composicións de [[Rembrandt]]. O pintor holandés foi un dos máis conspicuos practicantes do claroscuro, utilizando a luz na súa composición para destacar soamente o seu obxecto específico.
A técnica do claroscuro foi popular entre os gravadores ó igual que en pintura, mais caería en desuso durante un longo período. Atinxiría renacida popularidade en [[cine]] da primeira metade do [[século XX]], a través do gosto polas composicións marcadamente estruturadas e a maquillaxe impactante do [[expresionismo alemán]]; aínda que algunhas obras plaśticas expresionistas acudiran á mesma para realzar o efecto dos seus temas —en cadros como o ''Klosterneuburg'' de [[Egon Schiele]] ou o retrato de [[Adolf Loos]] por [[Oskar Kokoschka]]—, o uso do claroscuro no cine foi en boa medida un desenvolvemento orixinal, ó que se acudiu para solventar as limitacións técnicas da [[película fotográfica|película]] e a falta de son, que obrigaban a unha forte estilización visual para compensar.
 
O expresionismo alemán tería curta vida, mais deixaría obras influentes, como o ''[[Nosferatu|Nosferatu, eine Symphonie des Grauens]]'' de [[F. W. Murnau]], en que o claroscuro desempeña un papel central. O traslado de moitos cineastas alemáns ós [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] como consecuencia do auxe do [[nazismo]] levaría ó desenvolvemento dun xénero cinematográfico que aunou as convencións narrativas da ficción policial americana coa influencia visual do expresionismo: o ''[[film noir]]''. Caracterizado polo uso de proporcións desusadas de sombra (ata un 90% da pantalla, contra o 50% a 60% convencional) e o emprego da mesma como artificio dramático —sexa oscurecendo elementos de maneira suxestiva, sexa levando á pantalla a silueta dun obxecto invisíbel— o ''film noir'' empregou o claroscuro como medio visual para desenvolver a ambigüidade moral das súas temas. En películas como ''[[O falcón maltés (1941)|O falcón maltés]]'', ''[[A noite do cazador]]'' ou '' [[ Touch of evil ]] '' en Estados Unidos, ou ''[[Pepé le Moko]]'' en Francia, o xogo de luces e sombras foi un dos elementos principais da estética.
 
[[Categoría:Técnicas de pintura]]
393.002

edicións