Escudo de Irlanda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot: Arranxos varios
Liña 28:
|uso =
}}
O '''escudo de Irlanda''' (en [[lingua inglesa|inglés]] ''Coat of arms of Ireland'', en [[lingua irlandesa|gaélico]] ''Armas na hÉireann'') é o [[escudo de armas]] oficial da [[República de Irlanda]] dende o [[9 de novembro]] de [[1945]]. Consiste nun [[brasón]] [[azur]] cun [[arpa]] [[Ouro (heráldica)|dourada]] con cordas de [[prata]], consolidando así a tradición da [[arpa|arpa gaélica]], a chamada ''clàrsach'', como o emblema heráldico tradicional de Irlanda.
 
== A arpa irlandesa ==
A [[arpa]] é recoñecida como un [[símbolo]] de [[Irlanda]] xa dende o [[século XIII]], e a súa primeira aparición nas cuñacións monetarias anglo-irlandesas data de [[1536]], durante o reinado de [[Henrique VIII de Inglaterra|Henrique VIII]], aparecendo como o terceiro cuarto do escudo de armas real do [[Reino Unido]].
 
A arpa foi escollida como o emblema estatal tralo establecemento do [[Estado Libre de Irlanda]], e unha das súas primeiras aplicacións foi no [[Gran Selo do Estado Libre de Irlanda]], e seguiu sendo o emblema estatal despois de que se adoptase a [[Constitución de Irlanda]]. A imaxe da arpa é empregada nas acuñacións [[moeda|monetarias]], [[pasaporte]]s e outros documentos oficiais estatais, así como nos emblemas do [[Presidente]], o [[Taoiseach]], o [[Tánaiste]] e os Ministros do Goberno e outros cargos oficiais.
 
A arpa das moedas acuñadas en [[1928]] está baseada no arpa de [[Galway]] e na do [[Trinity College (Dublín)|Trinity College]], mentres que unha versión moito máis modificada introduciuse na acuñación de [[1939]], que é a que subsiste hoxe día nas [[moedas de euro de Irlanda]].
 
== O escudo de armas real de Irlanda ==