Río de Baredo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot: Arranxos varios
Liña 7:
== Fauna e flora ==
[[File:Galiza - Río Fraga - Muiños de Baredo 2.jpg|thumb|Muíño na senda fluvial.]]
O río foi o causante de que se asentase axiña xente en [[Baredo]]. As terras ás súas beiras son moi produtoras dando veigas cunhas boas colleitas. Dentro da [[fauna]] destacan [[aves]] como [[avelaiona]]s, [[moucho de orellas|mouchos de orellas]], [[lavandeira branca|lavandeiras brancas]], [[rabirrubio]]s, [[gaivota]]s ou [[Corvo mariño|corvos mariños]], [[anfibio]]s como a [[ra verde]], [[píntega común|píntegas comúns]] ou [[Píntega rabilonga|píntegas rabilongas]]. Tamén hai pequenos [[roedor]]es, como [[rato]]s, [[toupa ibérica|toupas]] e [[ourizo cacho|ourizos cacho]], e algún que outro [[rata de auga|aguanón]]. Entre a [[flora]] hai [[xesta]]s, [[Ulex|toxos]], [[fento]]s e a especie invasora [[lirio de auga]], tamén chamada cala, amais do [[eucalipto]]. <ref name=":0">{{Cita web|url=http://www.galiciamaxica.eu/pontevedra/baredo/|data=2016-03-03|título=Molinos de Baredo {{!}} GALICIA MAXICA|data-acceso=2016-08-31|lingua=es-ES}}</ref>
 
== Senda fluvial do regato das Tres Regueiras - Muíños de Baredo ==
[[File:Galiza - Río Fraga - Muiños de Baredo 6.jpg|thumb|Un dos muíños restaurados ás beiras do río Fraga.]]
Dada a súa grande importancia para a parroquia, hai varios [[muíño]]s. Logo de pasaren por un proceso de desuso, foron restaurados tres (Acugulado de Arriba, Acugulado do Medio e Acugulado de Abaixo) e fíxoselle unha senda ás beiras do río no seu tramo final. <ref name=":0" /> Outros muíños quedaron sen restaurar (O Barreiro, Da Maquía, O Pinicho, A Foupa e A Torre).
 
== Notas ==