Vainilla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Arranxos varios
Liña 40:
| range_map_caption = Distribución das especies de ''Vanilla''
}}
'''''Vanilla''''' é un xénero de [[orquídea]]s que produce un [[froito]] do que se obtén un saborizante do mesmo nome. Cando a coñeceron, os españois puxéronlle o nome de '''vainilla''', por parecerse ás ''vaíñas'' (feixóns verdes) en pequeno.
 
== Morfoloxía do xénero ==
O xénero ''Vanilla'' é orixinario de [[México]] e comprende máis dun centenar de especies de plantas [[monopodial]] de hábitos trepadores que chegan a alcanzar máis de 35 m con follas alternas que se estenden por toda a súa lonxitude.
 
As follas da vainilla son curtas, oblongas, de cor verde escuro e coriáceas, ata carnosas nalgunhas especies. Con todo, existe un significativo número de especies cuxas follas reducironse a escamas ou están desprovistas, case ou totalmente delas e utilizan os seus talos reptantes para a [[fotosíntese]]. Posúen longas e fortes [[raíz (botánica)|raíces]] aéreas que nacen de cada nódulo.
 
As inflorescencias racemosas son flores de curta duración que xorden sucesivamente sobre curtos pedúnculos das axilas das follas ou escamas. Cada acio pode conter ata 100 flores, pero xeralmente non excede as 20. Son flores bastante grandes e atractivas, a maioría cunha doce fragrancia, con 6 [[tépalo]]s de cores que van do branco, verde, verdoso, amarelo ou crema. Cada flor ábrese pola mañá e péchase á tardiña, se a [[polinización]] non se produciu durante este período se marchita e morre.
 
O [[labelo]] é de forma tubular e rodea a longa e hirsuta [[columna (Botánica)|columna]] abríndose como unha campá no ápice. A [[antera]] atópase ao final da columna e colga sobre o estigma separada polo ''rostellum''. A floración xorde soamente cando a flor desenvolveuse por completo. Estas se auto fertilizan, pero necesitan polinizadores, tales como [[abella]]s e certo [[colibrí|colibries]] que obteñen o seu [[néctar]], para levar a cabo o labor. Aínda que a polinización manual é o mellor método no cultivo comercial da vainilla.
 
O froito da vanilla é unha semente alargada (10-20 10–20 cm)e carnosa en forma de vaíña. Madura gradualmente (de 8 a 9 meses tras a floración), tornándose negra co tempo e despedindo un forte aroma. Cada vaíña contén miles de minúsculas sementes, pero é a vaíña a que se utiliza para elaborar o saborizante. A ''Vanilla planifolia'' é significamente a única orquídea que se uitliza con fins industriais (na industria alimenticia e cosmética).
[[Ficheiro:Vanilla plantation in wood dsc00190.jpg|miniatura|esquerda|100px|Planta de vainilla]]
 
=== Especies de ''Vanilla'' ===
Liña 72:
 
== Química ==
[[Ficheiro:Vanillin2.svg|miniatura|200px|dereita|Fórmula da '''vainillina''']]
 
Aínda que se atopan moitos compostos no extracto de vainilla, o responsable predominante do seu característico cheiro e sabor é a '''vainillina'''.
 
Esta esencia comercialízase de dúas formas: o extracto real das vaíñas de sementes e a esencia sintética, máis barata, que consiste basicamente nunha solución de vainillina sintética (4-hidroxi-3-metoxibenzaldehído).
 
A vainilla natural é unha mestura extremadamente complicada de varios centos de compostos diferentes, a diferenza da sintética, que se deriva do [[fenol]] e de gran pureza. Con todo, é difícil determinar a diferenza entre ambas.
Liña 86:
 
A vainilla era xa moi apreciada na Mesoamérica Precolombina e foi traída a [[Europa]] (estendéndose ao resto do mundo)
polos conquistadores [[España|españois]].
 
No antigo [[México]], o pobo [[Totonaca]] era recoñecido como produtor da mellor vainilla e continuou sendo o principal produtor ata mediados do [[século XIX]]. Momento no que os cultivadores [[Francia|franceses]] en México aprenderon a forma de inseminar artificialmente as flores, a partir dos coñecementos do pobo Totonaca.
 
Algúns expertos consideran a vainilla Totonaca como a de mellor calidade en todo o mundo, especialmente a de [[Papantla]]. E a miúdo comercialízase en tendas de alimentación especializadas coa etiqueta "Vainilla mexicana", aínda que México tamén produce vainilla de calidade inferior que adoita compartir esta marca.
 
A compañía [[Coca-cola]] é a maior consumidora de extracto natural de vainilla. Cando se presentou a "Nova Coca cola" en [[1985]], a economía de [[Madagascar]] foi á quebra, recuperándose unicamente despois de que esta fracasase. A razón disto foi que a Nova coca cola utiliza un substituto sintético máis barato da vainilla e as compras de vainilla natural reducíronse á metade durante este período. Cara a [[2002]], a compañía introduciu a "Coca cola vainilla", o mesmo refresco con este sabor.
 
== Outros Usos do Termo ==