Revolución Mexicana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Monterrey
m Bot: Arranxos varios
Liña 5:
== Antecedentes Sociais ==
 
A finais do século XIX México foi gobernado por [[Porfirio Díaz]]. A súa presidencia caracterizouse pola promoción da industria e a pacificación do país. Fomentou o investimento estranxeiro principalmente dos norteamericanos, os franceses e os ingleses. Pese ao crecemento macroeconómico do país, a paz e o progreso relativos lográronse a expensas da sobreexplotación das clases campesiña e obreira, concentrando a riqueza, o poder político e o acceso á educación dun feixe de familias posuidoras de grandes latifundios.
 
Para eleccións de [[1910]], Porfirio Díaz decidiu postularse como candidato por quinta ocasión, pero o seu adversario foi [[Francisco I. Madero]], un popular e adiñeirado empresario educado no estranxeiro que simpatizaba coas reformas sociais e os ideais socialistas e liberais dos irmáns [[Flores Magón]]. Díaz ordenou o arresto de Madero mentres facía campaña en [[Monterrey]], e puido ser reelixido unha vez máis para a Presidencia da República. Madero conseguiu fuxir e exiliarse en San Antonio, [[Texas]], onde redactou o Plan de San Luís no cal convocaba a un levantamento armado que se había de iniciar o [[20 de novembro]], [[1910]]. Ademais, o plan declaraba nulas as eleccións de [[1910]], non recoñecía ao goberno de Díaz, nomeaba a Madero presidente provisional, restituía aos indíxenas nas terras que lles confiscou e establecía o principio de non reelección (aínda vixente en [[México]]). Moitos intelectuais uníronse ao movemento, así como os indíxenas encabezados par Emiliano Zapata no sur, e Pancho Villa no norte. Díaz renunciou ao goberno e exiliouse en [[Francia]].
Liña 11:
== A Revolución ==
 
Trala renuncia do presidente Díaz formouse un goberno provisional encabezado por Francisco León sucedido por Madero en [[1911]]. Con todo, dous anos despois Madero seria vítima dun golpe de estado encabezado polo xeneral Victoriano Huerta que o fixo matar e proclamaríase presidente da nación. Este planeara o golpe co embaixador dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] en México, Henry Lane Wilson, posto que as reformas sociais e laborais liberais promovidas por Madero afectaban os intereses dos [[Estados Unidos de América|norteamericanos]] e [[Reino Unido|británicos]] quen controlaban as empresas petroleiras do país.
 
Os caudillos enfocaron a loita en contra do novo goberno de Huerta, nunha longa guerra onde cada caudillo tiña diferentes ideais. Para deter a loita [[Venustiano Carranza]], gobernador do estado de [[Coahuila]] formou o Exército Constitucionalista coa intención de pacificar ao país adoptando a maior parte das demandas sociais esgrimidas polos rebeldes e integrándoas nunha nova [[constitución]] progresista e socialista. Carranza logrou plasmar a maior parte das demandas no texto da Constitución de [[1917]]. Con esta acabou oficialmente a Revolución, aínda que non paso a violencia, que continuaría por algúns anos máis.
Liña 17:
== Trala Revolución ==
 
O goberno de Carranza durou pouco. O xeneral Álvaro Obregón, quen se ocupou na primeira etapa do seu goberno no Ministerio de Guerra e Mariña, sublevouse ao verse en desvantaxe na súa loita pola candidatura oficial nas próximas eleccións nacionais e asasinouno o [[21 de maio]], [[1920]]. Obregón asumiu o poder e demostrou non só ser un hábil militar, pois acabou de pacificar a maior parte do país, senón un hábil político que fomentou a creación de múltiples sindicatos e centrais obreiras e á vez fíxose co seu apoio. foi sucedido polo tamén xeneral Plutarco Elías Calles, quen promovería algunhas leis anticlericals e fundaría o Partido Nacional Revolucionario (PRN) que se convertería no [[Partido Revolucionario Institucional]], que uniría a todos os xenerais da Revolución e os seus ideais.
 
== Logros e Consecuencias da Revolución ==
 
O maior gran logro da Revolución foi a creación da [[Constitución de México|Constitución de 1917]], a primeira [[constitución]] progresista e social do mundo, que recoñeceu os dereitos dos traballadores, dos campesiños, e sobre todo dos indíxenas. Continuando co carácter nacionalista e socialista da Revolución, os presidentes post-revolucionarios van realizar a expropiación petroleira, a repartición de terras aos campesiños e indíxenas, promoveuse a educación gratuíta bilingüe ás comunidades indíxenas e creouse o Instituto Mexicano do Seguro Social. O país foi impulsado de xeito importante ante a nova Revolución Industrial, os costumes, a fisionomía das cidades, os transportes e a produción de bens materiais cambiaron radicalmente.
 
Con estes e outros cambios, México logrou un impresionante crecemento económico que foi nomeado polos economistas nacionais e estranxeiros como o "Milagre Mexicano". Neste período moitos inmigrantes suramericanos e europeos, principalmente españois exiliados da [[Guerra Civil Española]], establecéronse no país.
 
Con todo, o [[Partido Revolucionario Institucional]] converteríase no partido máis poderoso da política mexicana, practicamente o partido do Estado, gañando case todas as eleccións ata os anos oitenta, e foi acusado en moitas ocasións de fraude electoral e corrupción. O Milagre Mexicano non lograría o crecemento económico necesario para igualar o crecemento demográfico sobre todo tras a crise petroleira dos anos setenta, e o país afundiríase nunha grave crise económica.