Electrófilo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎top: Bot: Arranxos varios
Liña 1:
En [[química]], un '''electrófilo''' (literalmente ''amante dos electróns'') é un [[reactivo]] que é atraído polos [[electrón]]s e acepta electróns. Os electrófilos son especies químicas cargadas positivamente ou neutras que teñen orbitais libres, que son atraídos a un centro rico en electróns. Participan nunha reacción química aceptando un [[par de electróns]] para enlazarse a un [[nucleófilo]]. Como os electrófilos aceptan electróns, funcionan como [[ácido de Lewis|ácidos de Lewis]]. A maioría dos electrófilos están cargados positivamente, ou ben teñen un átomo que leva unha [[carga parcial]] positiva, ou presentan un átomo que non ten un octete de electróns. Os electrófilos son atacados pola parte máis poboada de electróns dun nucleófilo.
 
Os electrófilos que participan frecuentemente en [[síntese orgánica|sínteses orgánicas]] poden ser [[catión]]s como o [[ión hidróxeno|H<sup>+</sup>]] e [[nitrosonio|NO<sup>+</sup>]], moléculas neutras polarizadas como o [[cloruro de hidróxeno|HCl]], [[haluro de alquilo|haluros de alquilo]], [[haluro de acilo|haluros de acilo]], e compostos [[carbonilo]], ou moléculas neutras polarizables como o [[cloro|Cl<sub>2</sub>]] e [[bromo|Br<sub>2</sub>]], ou tamén [[axente oxidante|axentes oxidantes]] como os [[perácido]]s orgánicos, ou especies químicas que non satisfán a [[regra do octete]] como os [[carbeno]]s e [[Radical (química)|radicais]], e algúns ácidos de Lewis como o [[Borano|BH<sub>3</sub>]] e [[hidruro de diisobutilaluminio|DIBAL]].