Sotero, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m →‎Vida e pontificado: Bot: Arranxos varios
Liña 5:
Pouco se sabe da vida e do pontificado de Sotero, que coincidiu cunha das maiores épocas de represión contra o cristianismo, nos tempos do [[Imperio Romano|emperador]] [[Marco Aurelio]]. O [[Liber pontificalis]] sinala que naceu na vila de [[Fondi]], e que descendía dunha familia de [[Grecia|gregos]].
 
O feito máis destacábel do seu goberno é a epístola que lles dirixe aos [[corintio]]s, confundida coa [[Segunda epístola de Clemente]], e que non se conserva; porén, si se gardan anacos da resposta de agradecemento que lle escribiu Dionisio, o bispo desa cidade grega. Acompañando a carta ía unha cantidade de diñeiro recollido pola diocese de Roma e enviada á de Corinto, polo que a este papa se lle coñece como o ''da caridade''.
 
Crese tamén que foi quen ordenou que fose necesario un sacerdote para bendicir o [[sacramento (relixión)|sacramento]] do [[matrimonio]], para que tivese validez, e quen lle prohibiu ás mulleres tocar os obxectos sagrados ou esparexer [[incenso]] durante os rituais.