Escravitude na Grecia antiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
creo a partir da ca.wiki
 
m →‎top: Bot: Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:Stele Mnesarete Glyptothek Munich 491 n1.jpg|miniatura|Estela funeraria ([[Ática]] c. [[-380]]): un mozo escravo (esquerda) diante a súa señora morta,([[Gliptoteca de Múnic]]).<ref>Sobre as posturas tradicionais ds estelas funerarias, ver Felix M. Wassermann. "Serenity and Repose: Life and Death on Attic Tombstones", ''The Classical Journal'', vol. 64, núm. 5, páx. 198.</ref>]]
A '''escravitude na Grecia antiga''' foi un compoñente esencial no desenvolvemento económico e social do mundo grego da [[Antigüidade clásica|antigüidade]] e estivo vixente ó longo da súa historia. Os gregos consideraron a [[escravitude]] non só como unha realidade indispensable, senón tamén como un feito ben natural; mesmo os [[estoicismo|estoicos]], en xeral, ou os primeiros [[Cristianismo|cristiáns]] non a cuestionaron.<ref>John Byron. ''Slavery Metaphors in Early Judaism and Pauline Christianity: A Traditio-historical and Exegetical Examination'', Mohr Siebeck, 2003, ISBN 3-16-148079-1, páx. 40</ref><ref>Roland De Vaux, John McHugh. ''Ancient Israel: Its Life and Institutions'', Wm. B. Eerdmans Publishing, 1997, ISBN 0-8028-4278-X, páx. 80</ref><ref name=Roberts> J.M. Roberts. ''The New Penguin History of the World'', páx. 176–177, 223 </ref> A maioría dos escritores antigos entendían que a escravitude non era tan só un fenómeno natural, senón tamén necesario. Porén, tamén apareceron algúns debates illados que o denunciaron, como se observa nos diálogos socráticos, ou algúns [[estoicismo|estoicos]] que expresaron a primeira condena de escravitude da cal se ten un rexistro histórico.<ref name=Roberts/>
 
De acordo coa tradición historiográfica moderna, este artigo só falaba dos escravos-mercadoría, tamén considerados como escravos-obxecto por autores anglosaxóns, e non dos grupos cunha determinada dependencia, coma os penestas de [[Tesalia]], os [[ilota]]s de [[Esparta]] ou os clarotas de [[Illa de Creta|Creta]] que tiñan unha posición social máis complexa, xa na liña da servidume da [[Idade Media]]. Un escravo-mercadoría é un individuo privado de [[liberdade]] e suxeito á vontade dun propietario que pode mercalo, vendelo ou alugalo coma un ben calquera.