Diferenzas entre revisións de «Carpelo»

m
Bot: Arranxos varios
m (Bot: Arranxos varios)
[[Ficheiro:ZBalgfrucht-Nieswurz-orientalisch.jpg|miniatura|dereita|300px|Flor de ''Helleborus orientalis'' despois da fecundación e perder os estames; vese que os carpelos son follas pechadas sobre si mesmas (xineceo apocárpico).]]
Os '''carpelos''' son follas modificadas que forman a parte reprodutiva feminina da [[flor]] das plantas [[anxiospermas]]; son a unidade básica do [[Xineceo (botánica)|xineceo]]. Polo seu carácter de follas portadoras de [[Macróspora|macrósporasmacróspora]]s, as células por cuxa multiplicación se forma o [[gametófito]] feminino (o saco embrional), os carpelos son megasporofilos (ou macrosporofilos).
 
== Características ==
O conxunto dos carpelos dunha flor constitúe o xineceo. Os carpelos poden aparecer soldados, formando un xineceo único, ou ficar afastados, asentado cada un no [[receptáculo]], formando outros tantos xineceos independentes. Dicimos no primeiro caso que a flor é gamocarpelar, e dialicarpelar no segundo.
 
=== Partes ===
As partes de que está constituído cada xineceo son:
 
* O '''ovario''' formada pola rexión fértil do carpelo, a que encerra os primordios seminales ou óvulos, que aparecen unidos a unha protuberancia chamada placenta.
* O '''estilo''', que falta en moitos casos, é un rabiño que conecta o ''estigma'' co ovario debaixo.
* O '''[[estigma (botánica)|estigma]]''', unha zona superficial papilosa, receptora dos grans de [[pole]] (que conteñen cada un un [[gameto]] masculino) unha vez que son liberados nel polo [[polinización|axente polinizador]]. Cando existe estilo, sitúase no seu extremo distal e toma en xeral a forma dun engrosamento, frecuentemente dividido en ramas ou zonas tan numerosas como carpelos contribúen ao pistilo.
 
Todos os carpelos que forman un pistilo nunha flor sincárpica contribúen por igual a cada unha das parte enumeradas.
 
Os carpelos péchanse sobre si mesmos, ou ben uns con outros, para formar unha ou máis cavidades pechadas (ovarios) onde se atopan os primordios seminais. [[Anxiospermas]] quere dicir -de sementes encerradas-, e chámaselles así pola razón anterior. Constitúen excepción a esta regra as plantas da familia [[Winteraceae|winteráceas]].
 
== Bibliografía ==
393.002

edicións