Tribunal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Maxistrados: Bot: Arranxos varios
Liña 5:
 
=== Maxistrados ===
Os xuíces que forman parte nos tribunais teñen a categoría de maxistrados. De ordinario son tres os maxistrados que forman tribunal para administrar xustiza, aínda que para determinados asuntos e sempre en instancias superiores, incluída a constitucional, o número é maior, dependendo do ámbito xurídico do que estemos a falar, pero sempre en número impar, para evitar empates nas votacións.
 
Na función de maxistrado dun tribunal cómpre destacar como roles específicos o de presidente do tribunal e o de relator. O cargo de presidente ten vocación de permanencia e accédese a el a través de concurso ou outros mecanismos de provisión de postos de traballo; o presidente dirixe os debates nos xuízos e vistas públicas e ten funcións de carácter orgánico. En cambio, o relator desígnase para cada preito ou causa, a designación efectúase entre os compoñentes do tribunal segundo unha quenda preestablecida; o relator informa dos recursos interpostos contra as decisións do tribunal e propón e redacta os autos e sentenzas.