Wexford: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Arranxos varios
Liña 22:
|notas =
}}
'''Wexford''' (en [[lingua irlandesa|irlandés]]: '''Loch Garman''', en [[Nórdico antigo]]: ''Veisafjǫrðr'') é unha localidade de [[Irlanda]], capital do [[Condado de Wexford]]. Atópase no extremo suroriental da Illa, cerca do Europorto de [[Rosslare]]. A cidade está conectada coa capital do país, [[Dublín]] por estrada e ferrocarril.
 
O autor literario [[John Banville]], naceu en Wexford.
 
==Historia==
Wexford atópase no lado Sur da [[Wexford Harbour]], o estuario do [[río Slaney]]. Segundo unha lenda local, a cidade obtivo o seu nome irlandés, Loch Garman, dun xove chamado Garman Garbh que foi afogado nas marismas na desembocadura do río Slaney, polas augas liberadas por unha [[encantadora]]. O lago resultante foi chamado así, o lago de Garman. A cidade foi fundada polos [[viquingos]] contra o ano 800. Chamárona ''Veisafjörðr'', entrada das marismas e o nome foi cambiado moi pouco na súa forma actual.
 
Con todo, en 1169 Wexford foi cercada por [[Dermot MacMurrough]] Kavanagh, rei de Leinster e os seus aliado [[normandos|normando]], [[Robert Fitz-Stephen]]. Os habitantes nórdicos resistiron con fereza, ata que o [[bispo de Ferns]] persuadiu a aceptar un acordo con Dermot. [[Imaxe:Selskar Abbey, Wexford, Ireland.jpg‎|esquerda|miniatura|280px|Ruínas da Selskar Abbey, Wexford.]]
Wexford, na [[Idade Media]] foi un asentamento de [[Inglés vello (Irlanda)|inglés vello]]. Un dialecto antigo do Inglés, coñecido como [[idioma Yola | Yola]], falouse unicamente en Wexford, ata o século [[XIX]].
 
O [[Condado de Wexford]] foi un apoio da [[Irlanda confederada]], durante a década de 1640. Unha frota da Confederación [[corsario]] s se asentou na localidade de Wexford, composto por mariñeiros de [[Flandres]] e [[España]], así como homes da localidade, que atacarían [[Inglaterra]]. Como resultado, [[saqueo|a cidade foi saqueada]] e moitos dos seus habitantes foron asasinados e boa parte da cidade foi incendiada.