Panteón de París: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Bot: Arranxos varios
Liña 52:
}}
 
O '''Panteón''' de [[París]] (en [[lingua francesa|francés]] ''Le Panthéon'') é un monumento da capital francesa, no quinto distrito (''arrondissement''), no chamado ''Barrio Latino'', moi preto da [[Sorbona]] e dos liceos elitistas ''Louis Le grand'' e ''Henry IV''.
 
A súa construción comezou en [[1764]] con [[Jacques-Germain Soufflot|Soufflot]] e durou 26 anos (foi rematada por [[Jean Baptiste Rondelet]]). É un dos primeiros monumentos [[neoclasicismo|neoclásicos]] de Francia. Inicialmente estaba previsto que fose unha igrexa adicada á patroa da cidade, Santa Xenoveva. Con todo a [[Revolución Francesa]] fixo que servise de templo para albergar os corpos dos homes ilustres da patria (no frontispicio está gravado «''Aux grands hommes la patrie reconnaissante''» («''Aos grandes homes, a patria agradecida''»).
 
Cando trala caída de [[Napoleón Bonaparte|Napoleón]] restaurouse o ''Antigo Réxime'', recuperou o seu uso como igrexa, que persistiría durante a época do ''Segundo Imperio''. Co advenimento da ''Terceira República Francesa'' foille devolto o seu uso laico con motivo do funeral de [[Victor Hugo]].
 
O [[pórtico]] de [[Columna (arquitectura)|columnas]] sobre o que descansa un [[frontón]] clásico está inspirado no [[Panteón de Agripa]], en [[Roma]], mentres que a cúpula inspírase na da [[catedral de San Pablo]] en [[Londres]], sendo ambalas dúas herdanza do [[Templete de San Pietro in Montorio|Tempietto de San Pedro in Montorio]] de [[Bramante]] en [[Roma]].
 
En [[1851]] [[Léon Foucault]] instalou o seu famoso [[péndulo]] coñecido como [[Péndulo de Foucault]]; fíxoo aquí debido a que a grande altura do inmoble facilitaba o experimento. Mediante este experimento conseguiuse demostrar a rotación da Terra e a existencia da [[forza de Coriolis]]. Dende [[1995]] este péndulo regresou ao Panteón.
 
Entre os soterrados no Panteón atópanse [[Voltaire]], [[Jean-Jacques Rousseau|Rousseau]], [[Jean-Paul Marat|Marat]], [[Victor Hugo]], [[Émile Zola]], [[Jean Moulin]], [[Marie Curie]], [[Louis Braille]], [[Jean Monnet]] e [[Jacques-Germain Soufflot|Soufflot]], o seu arquitecto.
 
O 30 de novembro de [[2002]] aloxouse no Panteón o cadaleito de [[Alexandre Dumas (pai)|Alexandre Dumas]], o autor de ''[[Os Tres Mosqueteiros]]''. O mesmo atopábase cuberto por un manto de veludo azul co lema dos mosqueteiros: «''Un pour tous, tous pour un''» («''Un para todos, todos para un''»). Os restos de Dumas descansaran ata ese momento no cemiterio de [[Villers-Cotterêts]], en [[Aisne]], Francia. No seu discurso, o Presidente [[Jacques Chirac]] dixo que con esta acción quedaba corrixida a inxustiza cometida co honor dun dos grandes escritores franceses.
 
[[Ficheiro:Pantheon_wider_centered.jpg|600px|miniatura|centro|Vista panorámica interior]]
 
== Ligazóns externas ==
{{Commons|Panthéon de Paris}}
 
[http://www.unasemanaenparis.com/pantheon.html Historia e Información do Panteon de París]