Sacro Imperio Romano Xermánico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Arranxos varios, replaced: {{Listaref|2}} → {{Listaref|30em}}
Liña 75:
[[Ficheiro:Wappen röm.kaiser.JPG|miniatura|280px|dereita|Escudo de armas dos emperadores do Sacro Imperio Xermánico.]]
 
O '''Sacro Imperio Romano Xermánico''' ou sinxelamente '''Sacro Imperio''' (en [[lingua alemá|alemán]]: ''Heiliges Römisches Reich Deutscher Nation'' "Sacro Imperio Romano da Nación Alemá", en [[latín]]: ''Sacrum Romanum Imperium Nationis Germaniae'' "Sacro Impoerio Romano das Naciósn Xermánicas") foi a unión política dun conglomerado de [[estados]] da [[Europa central]], que se mantivo dende a [[Idade Media]] até inicios da [[Idade Contemporánea]].
 
Formado en [[962]] da [[Francia Orientalis|parte oriental]] das tres en que se repartiu o reino [[Francos|franco]] de [[Carlomagno]] en [[843]] mediante o [[tratado de Verdún]], o Sacro Imperio foi a entidade predominante de Europa central durante case un milenio, até a súa disolución en [[1806]] por [[Napoleón Bonaparte|Napoleón I]].<ref>[http://www.britannica.com/EBchecked/topic/269851/Holy-Roman-Empire/10194/Additional-Reading Holy Roman Empire], ''Encyclopædia Britannica'' En liña. Consultado o 12 de xullo de 2012.</ref> <ref>Joachim Ehlers: ''Natio 1.5 Deutschland und Frankreich'', en: ''Lexikon des Mittelalters'', Bd. 6, Sp. 1037&nbsp;f.</ref>
 
Á elección como emperador de [[Carlos V]] ([[28 de xuño]] de [[1519]]) ademais dos territorios alemáns e de [[Holstein]] e [[Prusia]], que con [[Riga]] chegaba até o golfo de [[Finlandia]], o Sacro Imperio comprendía [[Bohemia]], [[Moravia]] e [[Silesia]], alcanzando con [[Krajina]] as costas do [[Adriático]]; polo oeste, pertencían a el, o [[Condado de Borgoña|condado libre de Borgoña]] (ou [[Franco Condado]]) e [[Savoia (rexión histórica)|Savoia]], aos que se sumaban [[Xénova]], [[Lombardía]] e [[Toscana]] en terras italianas. Tamén estaban integrados no Imperio a maior parte dos [[Países Baixos]], coa excepción do [[Artois]] e [[Flandres]], ao oeste do [[río Escalda]]. Partindo do norte dos [[Alpes]], levaba todo un mes atravesar o territorio imperial en sentido norte-sur ou leste-oeste.<ref>{{cita libro|título= Germany and the Holy Roman Empire: Volume I: Maximilian I to the Peace of Westphalia, 1493-1648|editor= Joachim Whaley|ano=2011 |publisher=Oxford University Press|páxinas=17-20}}</ref> <ref name=Gascoigne>Gascoigne, Bamber. [http://www.historyworld.net/wrldhis/plaintexthistories.asp?historyid=aa35 "History of the Holy Roman Empire"], en HistoryWorld.</ref>
 
A denominación do Sacro Imperio variou cosiderabelmente ao longo dos séculos. En [[1034]] utilizábase a fórmula ''Imperio Romano'' para referirse ás terras baixo dominio de [[Conrado II]] e non foi até [[1157]], durante o reinado de [[Federico I Barbarroxa]], en que se empezou a usar o termo ''Sacro Imperio''. Doutra banda, o uso do termo ''Emperador Romano'' facía referencia aos gobernadores das terras europeas do norte e comezou a usarse con [[Otón II]] ([[emperador]] entre 973 e 983). Os emperadores anteriores, dende [[Carlomagno]] (morto en [[814]]) até [[Otón I de Alemaña|Otón I o Grande]] (emperador entre 962 e 973), utilizaran simplemente o título de ''Imperator Augustus'' (Emperador Augusto). O termo Sacro Imperio Romano comeza a ser utilizado a partir de 1254; e o termo '''Sacro Imperio Romano Xermánico''' data de [[1512]], logo de moitas variacións nos últimos anos do [[século XV]].<ref name=Gascoigne /> <ref>Martin Arbage, "Otto I", en ''Medieval Italy: An Encyclopedia'', Routledge, 2004, p. 810 [http://books.google.com/books?id=spKxJeHJgTAC&pg=PA810&dq=%22Otto+can+be+considered+the+first+ruler%22&lr=&as_drrb_is=q&as_minm_is=0&as_miny_is=&as_maxm_is=0&as_maxy_is=&as_brr=0 online]: "Otto can be considered the first ruler of the Holy Roman empire, though that term was not used until the twelfth century."</ref> <ref name=Taagepera1997>{{Cita publicación periódica |autor=Rein Taagepera |título=Expansion and Contraction Patterns of Large Polities: Context for Russia |publicación=International Studies Quarterly |volume=41 |número=3 |páxinas=475–504 |data=setembro de 1997 |doi=10.1111/0020-8833.00053}}</ref> <ref>[http://www.uncp.edu/home/rwb/lecture_mid_civ.htm Medieval Civilization: Lecture Notes]</ref>
 
== Idiosincrasia do Sacro Imperio ==
Liña 87:
O Sacro Imperio Romano Xermánico orixinouse na [[Francia Oriental]]. Debido á súa natureza prenacional e supranacional, o Imperio nunca se converteu nun [[Estado|Estado nación]] moderno, coma no caso de [[España]] ou de [[Francia]], polo que nunca se desenvolveu un sentimento nacional integral.
 
O Imperio mantivo unha organización [[Monarquía|monárquica]] e corporativa, dirixida por un [[emperador]] e os [[Estado imperial|Estados imperiais]] con moi poucas institucións comúns. O poder do Imperio non se encontraba unicamente en mans do emperador nin dos [[electorado|príncipes electores]] ou dun conxunto de persoas como as que se reunían nas [[Dieta Imperial||Dietas Imperiais]]; por iso, o Imperio non pode ser entendido como un Estado federal nin como unha confederación. Tampouco era unha simple [[aristocracia]] ou [[oligarquía]]. Non obstante presentaba características propias de todas estas formas estatais. A historia do Sacro Imperio está marcada pola loita en canto á súa natureza. Así coma nunca logrou crebar a obstinación rexional dos seus territorios, o Imperio caeu nunha confederación informe: a&nbsp;[[Kleinstaaterei]].
 
O Sacro Imperio foi unha institución única na historia mundial e é por iso que a forma máis sinxela de entendelo sexa quizais definilo polas súas diferenzas respecto doutras entidades máis comúns.<ref name="Whaley17">Whaley 2011, p. 17.</ref> <ref name="Peter Moraw 1999">Peter Moraw, ''Heiliges Reich'', en: ''Lexikon des Mittelalters'', Munich & Zurich: Artemis 1977–1999, vol. 4, col. 2025–2028.</ref>
 
* Nunca tivo vocación de converterse en estado nación, a pesar do carácter xermánico da maior parte dos seus gobernantes e habitantes. Dende os seus inicios, o Sacro Imperio estivo constituído por diversos pobos, e unha parte substancial da súa [[nobreza]] e cargos electos procedía de fóra da comunidade xermano-falante. No seu apoxeo, o Imperio englobaba a maior parte das actuais [[Alemaña]], [[Austria]], [[Suíza]], [[Liechtenstein]], [[Bélxica]], [[Países Baixos]], [[Luxemburgo]], [[República Checa]] e [[Eslovenia]], así como o leste de [[Francia]], o norte de [[Italia]] e oeste de [[Polonia]]. E con eles os seus idiomas, que comprendían multitude de dialectos e variantes dos que formarían o alemán, o italiano e o francés, ademais das linguas eslavas. Doutra banda, a súa división en numerosos territorios gobernados por príncipes seculares e eclesiásticos, bispos, condes, cabaleiros imperiais e cidades libres facían del, polo menos na época moderna, un territorio moito menos unido que os emerxentes estados modernos que tiña ao seu redor.<ref>[http://www.heraldica.org/topics/national/hre.htm The Holy Roman Empire], en Heraldica.org.</ref>
Liña 259:
 
== Notas ==
{{Listaref|230em}}
 
== Véxase tamén ==