Rosáceas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
*Aserrar > serrar.
m Bot: Arranxos varios
Liña 17:
| range_map_caption = Distribución global de Rosaceae
}}
As '''rosáceas''' (Rosaceae) son unha [[familia (bioloxía)|familia]] de [[planta]]s (e árbores) da [[orde (bioloxía)|orde]] ''[[Rosales]]''.
 
É unha das familias máis importantes, por número de [[especie]]s (case 3000), a súa importancia económica, e a súa ampla distribución (cosmopolita). A familia ''Rosaceae'' inclúe a maior parte das especies de [[froita]]s de consumo masivo: [[mazá]], [[pera]], [[marmeleiro|marmelo]], [[pexego]], [[ameixa (froito)|ameixa]], [[cereixa]], [[amorodo]], [[améndoa]], [[amora]], [[framboesa]] etc. Tamén inclúe moitas especies ornamentais, principalmente, as [[Rosa (flor)|rosas]], [[flor]]es por excelencia, con importancia para a [[xardinaría]] e a industria de [[perfumaría]].
 
A familia das rosáceas é grande, cuns 100 [[Xénero (bioloxía)|xéneros]], nos que se reparten ao redor de 3.000 especies, cuxa distribución é case mundial, orixinarias sobre todo das rexións tépedas e subtropicais do [[Hemisferio norte|hemisferio boreal]]. Os xéneros máis numerosos son: ''Potentilla'' (300 especies), ''Prunus'' (200), ''Rosa'' (100) e ''Spiraea'' (100).
 
== Descrición ==
Inclúe xéneros con características moi heteroxéneas, con todo, a característica común máis importante é a presenza dun receptáculo floral -ou tálamo- moi desenvolvido, que varía desde unha forma plana, pasando por convexa (en ''Rubus'', ''Fragaria'') até de forma cóncava (en ''Rosa'').
 
Os talos son leñosos ou semileñosos. Toman forma de árbores, arbustos ou herbas perennes por [[rizoma]]s ou anuais.
 
As follas son simples ou compostas, ([[pínnula|paripinnuladas]] ou [[pínnula|imparipinnuladas]]), case sempre alternas e [[estípula|estipuladas]], de cando en cando opostas, con bordo serrado ou dentado característico. Presenza frecuente de modificacións: espiñas, estípulas e aguillóns, de cando en cando ausentes (''Spiraea'').
 
As flores son normalmente [[hermafrodita]]s, [[actinomorfa]]s (ás veces [[zigomorfa]]s, por diferenciación dos [[sépalo]]s nas plantas europeas, ou tamén dos [[pétalo]]s nas tropicais); a miúdo cun [[hipanto]] ben desenvolvido; [[cáliz (botánica)|cáliz]] con 5 sépalos, ás veces con epicalix; [[corola]] xeralmente con 5 pétalos libres; tetrámeras en ''Sanguisorba''; [[androceo]] variable, con 4-4-5 [[estame]]s, e máis frecuentemente diplostémono ou polistémono; xineceo variable, con 1 a moitos carpelos, libres ou soldados, estilos xeralmente libres. Flores solitarias ou en [[inflorescencia]]s variadas (acios, espigas e corimbos).
 
Dá uns froitos moi variables ([[aquenio]], poliaquenio con receptáculo bombeado ou cóncavo, drupa, polidrupa, folículo, [[Pomo (froito)|pomo]]); sementes pequenas, sen [[endosperma]] (as substancias de reserva nos [[cotiledón]]s).
 
== [[Taxonomía]] ==
'''Rosaceae''' [[Adans.]], Fam. Pl. 2: 286. Jul-Aug 1763; nome conservado para o taxón. Tamén citado posteriormente por [[Juss.|Antoine L. de Jussieu]], Xera Plantarum: 334. 1789. [http://sn2000.taxonomy.nl/Taxonomicon/TaxonName.aspx]
 
=== Sinonimias ===
Liña 70:
 
=== Subtaxons ===
A clasificación da familia Rosaceae é moi variada e diversa en taxons subfamiliares, e mudou moito co tempo e segundo os diferentes criterios dos autores.
 
== Ligazóns externas ==