Krakatoa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Estreito de Sonda
m Bot: Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:Map krakatau.gif|miniatura|Krakatoa.]]
 
'''Krakatoa''' (nome [[Indonesia|indonesio]] Krakatau) é un [[volcán]] cerca da [[illa]] indonesia de [[Rakata]] en [[estreito de Sonda]]. Localización: 6° 6′ 27″ S 105° 25′ 3″ E. Estaba localizada cerca da rexión de subducción da [[placa indoaustraliana]] baixo a [[placa euroasiática]]. Ten entrado en [[erupción]] en repetidas ocasións, masivamente e con consecuencias desastrosas ao longo da historia. En [[maio]] de [[1883]] comezaron unha serie de erupcións, as cales continuaron até o [[27 de agosto]] de 1883, cando unha explosión cataclísmica voou a illa en pedazos.
 
Pensábase anteriormente que as grandes explosións foron debidas a un vapor super quente, creado cando as paredes do volcán se fracturaron e permitiron a entrada de auga do océano dentro da cámara de magma; pero investigacións actuais desvelan que as primeiras erupcións baleiraron parcialmente a cámara de magma permitindo a entrada de novo magma a temperaturas moi superiores xerando gases que incrementaron a presión de maneira incontrolábel.
 
A illa estoupou coa forza de 100 [[megatón]]s (a bomba de [[Hiroxima]] foi de aproximadamente 20 quilotóns). A explosión escoitouse até en [[Madagascar]] (a 2.200 millas de distancia). Os [[tsunami]]s despois da explosión alcanzaron até 131 pés de altura e destruíron 163 aldeas, ao largo da costa de [[Xava]] e [[Sumatra]], e afogaron 36.000 persoas. A cinza da explosión alcanzou até 50 millas de altitude.
Tres anos despois, os observadores de todo o mundo describían o [[crepúsculo]] e a [[amencer|alba]] de brillante colorido producidos pola refracción dos raios solares nesas partículas minúsculas.
 
En [[1927]] comezaron novas erupcións volcánicas no fondo do mar, das que xurdiu unha nova illa no mesmo lugar coñecida como [[Anak Krakatoa]] (fillo de Krakatoa). Esta illa sobrepasou a superficie do mar en [[1928]], e en [[1973]] xa alcanzaba unha altura de 190 metros. A illa está deshabitada. Algúns xeólogos agoiran que algún día o Anak Krakatoa rebentará quizais coa mesma forza que o volcán anterior.
Liña 16:
* [http://axxon.com.ar/zap/261/c-Zapping0261.htm http://axxon.com.ar/zap/261/c-Zapping0261.htm] {{es}}.
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Volcáns]]
[[categoríaCategoría:Erupcións]]