Diferenzas entre revisións de «Illas Caimán»

m
Bot: Arranxos varios
m (Bot: Arranxos varios)
 
=== Historia ===
As illas descrubiunas [[Cristóbal Colón]] o [[10 de maio]] de [[1503]] na súa cuarta e última viaxe a [[América]]. [[España]] cedeunas, xunto coa veciña [[Xamaica]], a [[Gran Bretaña]] en [[1670]] baixo o Tratado de Madrid. As illas e máis a Xamaica gobernáronse como unha única colonia ata [[1963]] cando se separaron administrativamente.
 
== Xeografía ==
As Illas Caimán localízanse na parte occidental do [[mar Caribe]], a uns 240 [[quilómetro]]s ao sur de [[Cuba]] e a uns 290 quilómetros ao noroeste de [[Xamaica]]. O [[arquipélago]] componse principalmente de tres illas: [[Gran Caimán]], [[Caimán Brac]], e [[Caimán Menor]], sendo Gran Caimán a máis extensa cun área de 197  km². As dúas outras illas, Caimán Brac e Caimán Menor, situadas 145 quilómetros ao leste de Gran Caimán, teñen unha extensión de 36  km² e 26  km² respectivamente.
 
Non salientan [[accidente xeográfico|accidentes xeográficos]] nas illas, a excepción do [[cantil]] "The Bluff" en Cayman Brac, que se eleva a máis de 40 [[metro]]s sobre o [[nivel do mar]], sendo o punto máis alto da illa.
 
[[Ficheiro:Cayman Islands-CIA WFB Map.png|miniatura|dereita|250px|Mapa das Illas Caimán]]
 
== Demografía ==
En xullo de [[2000]] contabilízanse nas Illas Caimán 34.763 habitantes, dos cales algo máis da metade son nacidos nas illas. O 60% da poboación é de raza mixta, e o 40% restante divídese a partes iguais entre os [[caucásico]]s e os descendentes de [[África|africanos]]. A poboación considérase case exclusivamente [[Cristianismo|cristiá]], cunha gran porcentaxe de [[Anglicanismo|anglicanos]] e de prebisterianos.
 
A maior parte dos habitantes das illas reside na illa [[Gran Caimán]], mentres que en [[Caimán Brac]] só viven uns 2.000 e en [[Caimán Menor]] uns 200. Aproximadamente un cuarto da poboación caimana abandonou o país debido á chegada do [[furacán]] [[furacán Iván|Iván]].
 
A capital e cidade máis poboada das illas é [[George Town]], localizada na costa leste de Gran Caimán.
 
=== Economía ===
385.528

edicións