Spitsbergen: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
retiro interwikis
m Bot: Arranxos varios
Liña 23:
| [[Poboación]] (2007) || 2.921 hab.
|-
| [[Superficie]] || 39.044  km²
|-
| [[Densidade]] || 0´1 hab/km²
Liña 35:
! colspan="2" | Localización
|- style="text-align: center;"
| colspan="2" | [[Imaxe:Spitsbergen.png|330px|Localización da illa]]
|- style="background-color: #eee;"
|}
Liña 42:
 
==Características e localización==
A illa de '''Spitsbergen''' ten unha superficie aproximada de 39,044  km², aínda que varias referencias citan pequenas diferenzas de tamaño. Este nome foi antigamente aplicado tamén ao arquipélago completo de Svalbard e aínda o é ocasionalmente. A illa ten aproximadamente 450  km de lonxitude e entre 40 e 225  km de anchura. Debido a que Spitsbergen sitúase enteiramente dentro do [[círculo polar ártico]], é tamén un dos lugares onde, en xuño o sol brilla durante as 24 horas do día.
 
==Historia==
O nome Spitsbergen significa "picos escarpados" e foille dado polo explorador neerlandés [[Willem Barents]], o cal descubriu a illa mentres exploraba en busca do [[Paso do Nordés]] en [[1596]]. Porén, o arquipélago pode ser coñecido polos cazadores [[Pomor]] rusos axiña que como nos séculos XIV ou XV, aínda que non se dispón de evidencias sólidas antes do século XVIII. Eles pensaron que a terra descuberta era parte de Groenlandia e, por iso, bautizárona como ''[[Grumant]]'' (Грумант). O arquipélago puido tamén ser descuberto polos [[Viquingos]] en 1194. O nome [[Svalbard]] menciónase por primeira vez nas [[sagas islandesas]] dos séculos X e XI, pero tamén pode referirse á illa de [[Jan Mayen]] ou ata [[Groenlandia]].
 
Spitsbergen é unha das tres illas habitadas do arquipélago, e, de acordo cos termos do [[Tratado de Svalbard]], os cidadáns de calquera dos países asinantes poden instalarse no arquipélago. Actualmente, só [[Noruega]] e [[Rusia]] exercen este dereito.
O maior asentamento en Spitsbergen é a cidade norueguesa de [[Longyearbyen]], mentres que o segundo maior é o da mina de carbón de [[Barentsburg]] (a cal foi vendida por Holanda en 1932 á compañía soviética Arktikugol). Outros poboamentos da illa inclúen as antigas comunidades mineiras de Grumantbyen e Pyramiden (abandonadas en 1961 e 1998, respectivamente), unha base de investigación Polaca en Hornsundet, e a remota poboación de Ny no extremo norte.
 
As antigas expedicións baleeiras en Svalbard adoitaban, debido ás correntes e á fauna a agruparse ao redor do oeste de Spitsbergen e as illas próximas á costa.
 
Kvadehuksletta, ao oeste da illa Spitsbergen, é notable polas súas estruturas de pedra únicas, incluíndo pedras moi circulares e de patróns labirínticos. Crese que estas estruturas foron formadas polo peso do xeo.
 
A illa de [[Edgeøxa]] ao suroeste de Spitsbergen. É unha illa deshabitada que constitúe unha reserva natural, fogar do [[oso polar]] e o [[reno]].
 
A illa foi ocupada polo exército en [[1941]] para previr a ocupación alemá das illas. O Reino Unido e Canadá enviaron forzas militares para destruír as instalacións e previr a ocupación.
 
== O Banco de sementes noruegués (ou Bóveda de Sementes de Svalbard ) ==
[[Ficheiro:Spitsbergen labelled.png|miniatura|350px|Xeografía de Spitsbergen]]
En 2007, o estado noruegués xunto á [[Asociación Global para a Diversidade]] iniciou a construción dun "arca do xuízo final" en túneles practicados dentro dunha montaña próxima a [[Longyearbyen]] por un custo de 3 millóns de [[dólar estadounidense|dólares O$D]] na illa que protexerá polo menos 10.000 clases de sementes no caso dunha guerra nuclear ou un cambio súbito nas condicións climatolóxicas actuais.
[http://news.bbc.co.uk/1/hi/sci/tech/4605398.stm].O goberno noruegués construiría este banco de sementes escavando unha cavidade en Spitsbergen e despois pondo tantas sementes como puidese dentro con apoio de todos os países do mundo. Este proposto banco tería seguridade máxima, portas a proba de explosión e a atmosfera selada. A cantidade de sementes depositadas dependería do número de países participantes no proxecto.
 
[[Categoría:Arquipélago Svalbard]]