Ruy López de Segura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot: Arranxos varios
Liña 51:
 
1. '''e4 - e5''' 2. '''Cf3 - Cc6''' 3. '''Bb5'''
{{clear}}
<br style="clear:both" />
 
=== Apertura: Gambito de rei rexeitado<ref>Enciclopedia de aperturas de xadrez (ECO) C30</ref> ===
Liña 85:
 
1. '''e4 - e5 2. f4 - d6''', (véxase o taboleiro á esquerda) a Leonardo fóselle conveniente aceptar o sacrificio de peón con 2. ... - exf4. Outra xogada boa éralle tamén 2. ... - d5. Ao non aceptar nin contraatacar acomodouse defendendo o peón atacado a esperas da iniciativa do de Zafra. '''3. Bc4 - c6 4. Cf3 - Bg4 5. fxe5 - dxe5??''', (poden ver a posición no taboleiro da dereita), aínda agora éralle o mellor movemento 5. ... - d5, ao querer recuperar o peón o máis pronto posible, desencadea un sacrificio do estremeño, que gaña a partida, materializando a vantaxe en moi poucas xogadas. '''6. Bxf7+!!''', este sacrificio foi unha inversión segura, xa que colleu un peón e fai mover ao rei para despois responder con movementos que recuperan moito máis do antes sacrificado. '''6. ... - Rxf7?''', non coller o bispo deulle máis poderío de resistencia, pero a partida estaba xa perdida. '''7. Cxe5+!''', '''7. ... - Re8?''', o rei tiña mellores sitios a onde ir, indo cara a atrás, facilitoulle aínda máis o traballo. '''8. Dxg4!''', sumar efectivos cando se ataca é importante, novos efectivos, novas ameazas. '''8. ... - Cf6??''', último fallo de Leonardo na partida. '''9. De6+!! - De7 10. Dc8+ - Dd8 11. Dxd8 + - Rxd8 12. Cf7+''', e as brancas gañaron.
{{clear}}
<br style="clear:both" />
 
=== Apertura: Cabalo de rei<ref name="ReferenceA">Enciclopedia de aperturas de xadrez (ECO) C40</ref> ===
Liña 119:
 
'''1. e4 - e5 2. Cf3 - f6?''', Leonardo proba defender doutro xeito ao peón atacado. '''3. Cxe5!''' Leonardo optou por castigar o sacrificio aceptándoo. '''3. ... - fxe5??''' Seríalle mellor non aceptar o cabalo e xogar 3. ... - De7 poñendo unha contratrampa para que se agora Ruy López quixese dar un xaque coa Dama, ou sexa 4. Dh5+ - g6 para sacrificar o cabalo con 5. Cxg6, Leonardo puidésese contestar con 5. ... - Dxe4+ e 6. Be2 - Dxg6, gañando efectivamente o cabalo. A 3. ... - De7 aconséllase contestar con 4. Cc4, as brancas perderán o peón que gañaran provisoriamente, pero a súa vantaxe queda ampla ao gañar velocidade no desenvolvemento. '''4.Dh5+ - g6''' 4. ... - Re7 Era peor elección, porque seguirían os movementos 5. Dxe5+ - Rf7 6. Bc4+ - d5 (se 6. ... - Rg6 entón 7. Df5+ - Rh6 8. h4 - De7 9. d3+ e as brancas gañan doado) 7. Bxd5+ - Rg6 8.h4 - h5 9. Bxb7+ e gaña, nótese que o bispo non se pode coller 9. ... - Bxb7 porque entón daría a dama xaque con 10. Df5+ - Rh6 11. d4+ - g5 12. Df7!! con mate en poucos movementos máis. '''5. Dxe5+ - De7 6. Dxh8 - Cf6?''' 6. ... - Dxe4+ ten pinta de pouquiño mellor. '''7. d4''' a Ruy López 7. Cc3 ou 7. d3 tamén lle serían bos movementos. '''7. ... - Rf7?''' Leonardo non quixo coller o peón con 7. ... - Cxe4. '''8. Bc4+?''' 8. e5 ampliaba maior vantaxe '''8. ... - d5 9. Bxd5+ - Cxd5''' e as brancas gañaron.
{{clear}}
<br style="clear:both" />
 
=== Apertura: Defensa Philidor<ref name="ReferenceA"/> ===
Liña 153:
 
'''1. e4 - e5 2. Cf3 - d6 3. Bc4 - f5?''', este movemento sópralle moito vento en popa ás brancas. Son mellores 3. ...- Cc6 e 3. ... - Be7, as dúas variantes principais na actualidade. '''4. d3''', 4. d4! ten moita agresividade, por poñer un exemplo: 4. ... - fxe4 5. Cxe5! - dxe5 6. Dh5+ - Rd7 7. Bxg8 - Bb4+ 8. c3 - Dxg8 9. cxb4 - exd4 10. 0-0 e brancas vanse divertir. '''4. ... - Be7 5. De2''', 5. Cc3 é unha xogada un pouquiño máis fina, xa que aínda non se sabe cal vai ser o mellor sitio para a dama. '''5. ... - c6''' 5. Cc6 faríalle bos servizos. '''6. h3''', as brancas perden velocidade voluntariamente, 6. Cc3 era outra vez o normal. '''6. ... - f4''', mellor 6. Cf6. '''7. g3?''', regala toda a vantaxe obtida na apertura e a situación vaise igualando, 7.d4 ou 7. 0-0 faríanlle máis presión ás negras. '''7. ... - fxg3 8. fxg3 - Dc7?''' Ruy López subestimou 9. Cg5 - Bxg5 10. Bxg5 con vantaxe novo para as brancas, ou tamén 9. ... - Cf6 10. Bf7+ - Rf8. '''9. Cc3?''' devolve o favor, e deixa que a posición se vaia igualando outra vez. '''9. ... - Cf6?''' volve a subestimar 10. Cg5, lle era mellor xogar antes 9. ... - b5 10. Bb3 - b4. '''10. b4?''' volve ás andadas non querendo facer o movemento 10. Cg5. Con 10. b4? debilitáronse as brancas tanto, que agora xa son as negras as que gustan, continuando con 10. ... - d5. Anotouse que a partida a gañou Leonardo, pero descoñécese como seguiu.
{{clear}}
<br style="clear:both" />
 
=== Apertura: Italiana (variante pechada)<ref>Enciclopedia de aperturas de xadrez (ECO) C53</ref> ===
Liña 187:
 
'''1. e4 - e5 2. Cf3 - Cc6 3. Bc4 - Bc5''', (véxase o taboleiro esquerdo). '''4. c3''', aínda hoxe a que máis se xoga das variantes principais na apertura italiana. '''4. ... - De7''', na actualidade prefírese xogar 4. ... - Cf6 o cal é ao mesmo tempo o movemento que máis se xogou nesta variante ata agora. '''5. b4''', 5. d4!? é tacticamente unha liña de xogo moi interesante. Pero nada que obxectar a don Giovanni, o seu movemento foi moi bo. '''5. ... - Bb6 6. a4 - a6 7. Ba3''' nesta posición aconséllase 7. d3 para ocultar onde vai parar o bispo. '''7. ... - d6 8. d3 - Cf6 9. De2 - Bg4''' as negras equilibraron o xogo e sen facer fallos non debería haber ningunha preocupación. '''10. Cbd2''', é unha pena que non se saiba de como seguiu a partida, sexa como fose, se ten historicamente rexistrado que Leonardo gañou esta partida. O procedemento desta partida, ou sexa, dos movementos que coñecemos, é de alto nivel por parte de ambos xogadores.
{{clear}}
<br style="clear:both" />
 
== Obra ==