Útero: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
O Vocabulario de medicina aconsella arteria ilíaca interna.
m Bot: Arranxos varios
Liña 1:
{{Sen referencias|data=maio de 2015}}
[[File:Female anatomy-nb.svg|miniatura|300px|1: [[trompa de Falopio|trompas de Falopio]]; 2: [[ovario]]; 3: [[vexiga urinaria]]; 4: [[sínfise púbica]]; 5: [[glándula de Skene]]; 6: [[uretra]]; 7: [[clítroris]]; 8: [[bulbo do vestíbulo]]; 9: [[labios menores]]; 10: [[labios maiores]]; 11: [[ovario]]s; 12: [[colon]]; 13: '''útero'''; 14: [[fórnix]]; 15: [[cérvix]]; 16: [[recto]]; 17: [[vaxina]]; 18: [[ano (anatomía)|ano]]; 19: [[glándula de Bartholin]].]]
 
O '''útero''', tamén denominado '''matriz''' ou '''seo materno''', é o órgano da [[xestación]] do [[aparato reprodutor feminino]], situado entre a [[vaxina]] e as [[trompa de Falopio|trompas de Falopio]]. Recolle a [[blástula]], que se implanta no endometrio, para o seu desenvolvemento durante a xestación. Na especie humana esta dura uns 280 días.
 
== Anatomía do útero na muller ==
É un órgano muscular, oco, aplanado, con forma de pera, situado extraperitonealmente na pelve menor da muller, que cando adopta a posición en anteversión se apoia sobre a [[vexiga urinaria]] por diante, estando o [[recto]] por detrás. Está suspendido na [[pelve]] e colócase coa base dirixida cara arriba e cara adiante, e o colo dirixido un pouco cara atrás.
 
Está recuberto parcialmente por [[peritoneo]] no fondo uterino, na súa porción máis posterosuperior. Polos lados presenta os ligamentos redondos e por diante a vexiga.
Liña 20:
O útero está irrigado polas arterias uterinas, ramas da [[arteria ilíaca interna]]. A drenaxe linfática diríxese principalmente ós [[ganglio linfático|ganglios linfáticos]] ilíacos internos e externos, cara aos paraórticos.
 
A cada un dos lados hai un [[ovario]] que produce [[óvulo]]s ou ovos que chegan a el a través das trompas de Falopio. Cando non hai [[embarazo]], o útero mide uns 7,6  cm de lonxitude, 5  cm de anchura e 2,5  cm de grosor. Durante a xestación, o óvulo fecundado implántase no revestimento uterino, onde crece ata acadar a madurez. As paredes do útero son elásticas e estíranse durante o embarazo para albergar ó feto en crecemento. Aínda que o útero é un órgano muscular posúe un revestimento de material glandular brando que durante a [[ovulación]] se fai máis denso, momento no cal está listo para recibir un óvulo fecundado. Se non se produce a fecundación, este revestimento expúlsase durante a [[menstruación]].
 
O útero é propenso ás infeccións. A endometrite é unha [[inflamación]] do revestimento mucoso do útero que pode afectar tanto ó cervix coma ó corpo do órgano, ou a ambos. O [[cancro]] e os [[tumor]]es fibrosos do útero son bastante frecuentes, do mesmo xeito que a endometriose, que consiste na aparición de revestimento uterino por fóra do órgano.
Liña 31:
{{Sistemas e órganos}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Aparato reprodutor feminino|Utero]]