Jesús Carballo Taboada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Bot: Arranxos varios
Liña 8:
Estudou orixinalmente a carreira eclesiástica como salesiano, pasando logo á clerecía secular incardinado no bispado de [[Burgo de Osma]], e formándose en Ciencias Naturais, nas que chegou a doutorarse pola Universidade de Madrid. Ademais de coñecido arqueólogo no ámbito local santanderino, era tamén virtuoso músico e políglota, e escribiu algunhas novelas históricas sobre escenarios prehistóricos e protohistóricos.
 
Á súa chegada a Santander foille encomendada a dirección do novo colexio salesiano, que se encontraba aínda en construción. Foi o creador en Santander da Sección de Espeleoloxía da [[Real Sociedad Española de Historia Natural]], e ostentaba ser o primeiro en España en utilizar esta terminoloxía para referirse á ciencia encargada de estudar as cavidades naturais. Unha das súas principais achegas culturais foi a creación do actual [[Museo Regional de Prehistoria y Arqueología de Cantabria]], inaugurado en 1926. Estudou diversas covas e xacementos paleolíticos, protohistóricos e romanos, e algúns xacementos paleontolóxicos do Cuaternario, principalmente de Cantabria. Son destacables as súas actuacións na [[Cova de El Pendo]] (co doutor [[Blas Larín]]) e na cidade romana de [[Xulióbriga]] (coa colaboración do arqueólogo [[Vicente Ruiz Argilés]]), ámbalas dúas en Cantabria. Nunha das súas viaxes por motivos de saúde descubriu unha serie de pinturas na Cova de Ibeas ([[Serra de Atapuerca]], Burgos).
 
Foi membro do Centro de Estudios Montañés, comisario provincial de escavacións arqueolóxicas, director do Museo Provincial de Prehistoria, e membro de entidades relacionadas co patrimonio arqueolóxico.
Liña 35:
* [http://grupos.unican.es/acanto/CEM/doc-hist/2002_Actas%20Cent-Est-Mont_Arqueologia.doc Actas estudos arqueolóxicos] {{es}}
 
{{ORDENAR:Carballo}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Carballo}}
[[Categoría:Personalidades da arqueoloxía de Galicia]]
[[Categoría:Nados en Santiago de Compostela]]