Hilo, Hawai: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo
m Bot: Arranxos varios
Liña 1:
'''Hilo''' (pronunciado ''ghi-lo'') é unha cidade costeira do estado norteamericano de [[Hawai]], e é o maior núcleo de poboación da [[Illa de Hawai|Illa Grande]] de Hawai. Segundo o censo do 2000 o CDP ''census-designated place'' (área designada polo censo) tiña unha poboación de 40.759 habitantes.
 
Hilo é a sede do [[condado]] de Hawai, e está situada no South Hilo District. A cidade ten vistas á [[Baía de Hilo]], e está preto de dous volcáns: [[Mauna Loa]], que se atopa activo, e [[Mauna Kea]], en cuxa cume nevado atópanse varios [[observatorio]]s.
 
A cidade é a sede da University of Hawaii at Hilo, e o berce do Festival do 'Merry Monarch', unha celebración de sete días do ''hula'' antigo e moderno, que ten lugar na semana logo da [[Pascua cristiá|Pascua]].
 
== Xeografía ==
Hilo atópase a 19´42'20" ao norte do Ecuador, e 155´5'9" de lonxitude occidental (19.705520, -155.085918), sendo a cidade máis meridional de todo Estados Unidos.
 
Segundo a Oficina Censal dos Estados Unidos, o CDP ten un área total de 151,4 [[quilómetro cadrado|km²]]. 140,6  km² corresponden a terra e 10,7  km² son auga. O 7,10% da área total é auga.
 
A localización da cidade no lado este de a illa de Hawai (ao [[barlovento]] dos [[ventos alisios]]) convértea nunha das cidades máis chuviosas do mundo. Ten unha media anual de 3.281 milimetros de precipitacións.
 
A súa localización a beiras da '''Hilo Bay''', con forma de embude, faia máis vulnerable que moitas outras cidades aos [[tsunami]]s.
 
== Demografía ==
Segundo o [[censo]] do [[2000]], hai 40.759 persoas, 14.577 fogares, e 10.101 familias dento do CDP. A [[densidade de poboación]] é 289,9 hab/km². Hai 16.026 vivendas cunha densidade media de 114,0 viv/km²;. A CDP divídese racialmente entre un 17,12% de euroamericanos, un 0.45% de afroamericanos, un 0,34% de indios, un 38.30% de asiáticos, un 13,12% de insulares do Pacífico, un 0.94% doutras razas, e un 29,74% de 2 ou máis razas. O 8,78% da poboación se autocalifica como hispano ou latino de calquera raza.
 
Dos 14.568fogares, o 30,6% ten nenos menores de 18 baixo o seu teito, o 48.5% é [[Matrimonio|parellas casadas]] vivindo xuntas, o 15,2% ten unha xefa de familia sen un marido presente, e o 30,7% non son familias. O 24,1% de todos os fogares son individuos vivindo sos e o 10,6% son maiores de 65 vivindo sos. A tamaña media dun fogar é 2,70 e o dunha familia é 3,19.
 
Dentro do CDP a poboación divídese por idades co 24.7% sendo menores de 18, o 10,3% entre 18 e 24, 24,4% entre 25 e 44, 23,9% entre 45 e 64, e un 16,7% que ten 65 anos ou máis de idade. A idade media é 39 anos. Por cada 100 mulleres hai 95,9 homes. Por cada 100 mulleres maiores de 18, hai 91,9 homes.
 
O ingreso medio por fogar dentro do CDP é U$39.139, e o ingreso mediano por unha familia é U$48.150. Os homes teñen uns ingresos medios de 36.049 $ fronte ás mulleres con 2.626 $. A [[renda per cápita]] é de 18.220 $. O 17,1% da poboación e o 11.1% das familias atópanse por baixo do limiar da pobreza. Entre toda a poboación, o 23.5% dos menores de 18 e o 6.7% dos maiores de 65 atópanse por baixo da liña de pobreza.
 
== Historia ==
Aínda que non hai moitos restos arqueolóxicos, as zonas xunto a Hilo Bay, o río Wailuku e o río Wailoa seguramente foron habitados antes do contacto con Occidente. Os misioneiros chegaron a Hilo a principios do século XIX, fundando varias igrexas, como a Haili Church.
 
Hilo expandiuse mentres as plantacións de cana de azucre ao redor da cidade atraeron moitos obreiros de Asia, e a cidade chegou a ser un centro comercial.
 
A principios do século XX comezou a construción dun rompeolas para Hilo Bay, que se completou en 1929. O [[1 de abril]] de [[1946]], un terremoto cunha magnitude de 7,8 na escala de Richter preto das [[Illas Aleutianas]] causou unha tsunami de 14 metros de altura que arrasou Hilo unhas horas despois, matando a 159 persoas. Como resposta, estableceuse o Centro de Avisos de Tsunamis do Pacífico para rastrexar estas ondas fatais e dar alertas.
 
O [[23 de maio]] de [[1960]], outra tsunami, causado polo [[Terremoto de Valdivia de 1960|Terremoto de Valdivia]], matou a 61 persoas, supostamente por non facer caso ás sirenas de alerta. As zonas baixas á beira da baía e na península Waiakea, outrora poboadas, foron rededicadas como parques e monumentos conmemorativos.
 
Hilo expandiuse terra dentro empezando nos 60. O centro atopou un novo papel nos 80 como o corazón cultural da cidade coa apertura de varias galerías de arte.
 
Cando pecharon as plantacións de cana de azucre (ata as de Hamakua) durante os 90, a economía local entrou en recesión, do mesmo xeito que o resto do estado. En anos recentes, Hilo viu unha expansión comercial e humana mentres que o distrito veciño de Puna converteuse na zona de maior crecemento do estado.
 
== Goberno e Política ==
Hilo non é unha cidade incorporada, e carece de goberno municipal. A illa enteira, que ten unha superficie un pouco menor que o estado de [[Connecticut]], queda baixo a xurisdición do Condado de Hawai, do que Hilo é a capital.
 
Hilo ten oficinas do condado, o estado, e o goberno federal (incluíndo un Palacio de Xustiza federal).
 
Hilo e as zonas veciñas son tradicionalmente máis leais aos [[Partido Demócrata dos Estados Unidos|demócratas]] que a parte occidental da illa; isto aumenta a tensión entre as dúas áreas municipais principais. Tamén presentou máis oposición aos proxectos de desenvolvemento que outras grandes comunidades do estado.
 
== Comercio ==
Hilo ten un gran sector turístico, do mesmo xeito que toda a illa. Como a segunda cidade do estado, ten centros comerciais ou 'malls', cines, hoteis, restaurantes e un centro recheo de varias tendas.
 
== Lugares de interese ==