Diferenzas entre revisións de «Xoana I de Castela»

m
Bot: Arranxos varios
m (Bot: Substitución automática de texto (-Granada +Granada))
m (Bot: Arranxos varios)
=== Arquiduquesa de Austria ===
[[Ficheiro:Juanna_Filips_Klein.jpg|miniatura|esquerda|300px|[[Filipe o Fermoso]] e Xoana I de Castela]]
Como era costume na Europa da época, Isabel e Fernando negociaron os matrimonios de todos os seus fillos co fin de aseguraren os seus obxectivos diplomáticos e estratéxicos. Conscientes das boas aptitudes de Xoana, e contando coa necesidade de reforzar os lazos co [[Sacro Imperio Romano Xermánico]], que rexía [[Maximiliano I de Habsburgo]], e a rivalidade cos cada vez máis hexemónicos monarcas franceses da dinastía da [[Casa de Valois]], os [[Reis Católicos]] ofreceron a Xoana ao fillo de Maximiliano, ''[[Filipe I de Castela|Filipe de Habsburgo]]'', [[arquiduque de Austria]], [[duque de Borgoña]], [[duque de Brabante|Brabante]], [[duque de Limburgo|Limburgo]] e [[duque de Luxemburgo|Luxemburgo]], conde de [[condado de Flandres|Flandres]], de [[Habsburgo]], de [[Hainaut]], de [[Holanda (rexión)|Holanda]], de [[Zelandia]], do [[Rexión de Tirol|Tirol]] e de [[Artois]], señor de [[Antuerpen]] e [[Malinas]] etc. A cambio deste enlace, os [[Reis Católicos]] pediron a man da filla de Maximiliano, [[Margarida de Austria]], como esposa para o príncipe [[Xoán de Aragón]]. Xoana de Castela xa fora considerada como posíbel prometida polo herdeiro francés dos Valois, e aínda en [[1489]] foi solicitada en matrimonio polo rei [[Escocia]], [[Xaime IV de Escocia|Xaime IV]], da [[Casa de Estuardo|dinastía Estuardo]].
 
A pesar da súa vontade de facerse [[monxa]], en [[agosto]] de [[1496]], tendo 16 anos, os seus pais embarcárona desde a praia cantábrica de [[Laredo, Cantabria|Laredo]], nun dos navíos xenoveses do capitán Juan Pérez. Mais a frota incluía, para demostrar o esplendor da [[Coroa de Castela|coroa castelá]] nas terras do Norte e, sobre todo para mostrar o seu poder ao hostil rei [[Francia|francés]], outros 131 buques, desde naos a [[Carabela (embarcación)|carabelas]], e cunha tripulación de 15.000 homes. Xoana foi acompañada pola súa nai e os seus irmáns.
 
A travesía tivo algúns contratempos que obrigaron a buscar refuxio na [[Illa de Portland]], [[Inglaterra]], o [[31 de agosto]]. Cando finalmente a frota puido arribar a [[Middelburg]] ([[Zelandia]]), unha das embarcacións [[Xénova|xenovesas]] que transportaba 700 homes, afundiuse, e con ela as vestimentas de Xoana e moitos dos seus efectos persoais.
 
Xa en terra [[Flandres|flamenga]], Xoana non foi recibida polo seu prometido, que se encontraba en [[Alemaña]], debido a unha artimaña que prepararan os conselleiros francófilos de Filipe, opostos ás alianzas pactadas polo seu pai, o emperador. Os sobreditos tentaron aínda, en [[1496]], e con Xoana xa na corte, convenceren a Maximiliano do inconveniente dunha alianza coa [[Coroa de Castela]] e, por contra, das virtudes dunha alianza co [[reino de Francia|reino francés]]. A cerimonia da voda con ''[[Filipe o Fermoso]]'' celebrouse o [[12 de novembro]] de [[1496]] en [[Liexa]]
 
O ambiente da corte que encontrou Xoana chocaba radicalmente co que existía na castelá. A sobria, relixiosa e familiar corte castelá contrastaba coa festiva, desinhibida e individualista corte [[Borgoña|borgoñoa]]-[[Flandres|flamenga]].
 
Aínda que non se coñecían, os príncipes namoráronse tolamente, porén logo Filipe perdeu o interese na relación, nacendo en Xoana unha certa patoloxía, axexando e velando arreo a seu esposo. Pese ao avanzado estado de xestación do seu segundo embarazo, do que nacería o infante Carlos, o [[24 de febreiro]] do [[1500]], asistiría a unha festa no pazo de [[Gante]]. Aquel mesmo día tivo o seu fillo, disque nado nos lavabos do pazo.
 
=== Raíña da Coroa de Castela ===
[[Ficheiro:Escudo Juana-Carlos I.jpg|miniatura|150px|[[Escudo (moeda)|Escudo]] de [[Xoana I de Castela|Xoana I]] e [[Carlos I de España|Carlos I]], 1504-1555.]]
En [[1497]] foi nomeada [[Príncipe de Asturias|princesa de Asturias]], pola morte do seu irmán o infante Xoán de Aragón, pasando por diante da súa irmá máis vella [[Isabel de Aragón e de Castela|Isabel de Aragón]], a cal polo seu casamento co [[rei]] [[Manuel I de Portugal]] facía temer aos [[Reis Católicos]] a posíbel unión dos seus reinos baixo dominio portugués. Tras a morte de [[Isabel de Aragón e de Castela|Isabel de Aragón]] no [[1498]], así como do fillo desta, o infante [[Miguel da Paz]], en [[1500]], Xoana converteuse en herdeira plena da Coroa de Castela.
 
Cando no [[1503]] o seu marido, Filipe, decidiu viaxar para atender asuntos, parece que se agravou o seu estado mental. Decidiu, porén, partir para Castela e morar ao lado dos seus pais, especialmente a petición da súa nai, que estaba preocupada pola súa saúde, pois estaba entón grávida por cuarta vez, deixando en [[Bruxelas]] aos seus tres fillos pequenos.
 
Morta Isabel a Católica o [[26 de novembro]] de [[1504]], aparecía o problema da sucesión na Coroa de Castela. Pola [[Concordia de Salamanca]] ([[1505]]) acordouse o goberno conxunto de Filipe o Fermoso, Fernando o Católico e máis a propia Xoana. As malas relacións entre Filipe, a quen apoiaba a nobreza castelá, e o seu sogro, Fernando, levaron a que este último renunciase a exercer o poder na Coroa de Castela ([[Concordia de Villafáfila]] de [[1506]]) e evitar un posíbel enfrontamento armado. Fernando o Católico centrouse nos asuntos da súa propia coroa.
393.002

edicións