Diferenzas entre revisións de «Illas Chatham»

m
Bot: Arranxos varios
m (elimino a Categoría:Illas Chatham mediante HotCat)
m (Bot: Arranxos varios)
[[Ficheiro:Chatham_Islands_from_space_ISS005-E-15265.jpg|300px|dereita|Vista das illas Chatham desde o espazo. A illa maior é Chatham, á dereita está a illa Pitt, acompañada por varias illas menores.]]
O [[arquipélago]] das '''illas Chatham''' ("Rekohu" na lingua moriori), abrangue 10 [[illa]]s nun radio de 40  km. Pertencen a [[Nova Zelandia]].
 
== Xeografía ==
 
O arquipélago atópase situado 800  km ao leste da cidade neozelandesa de [[Christchurch]]. As illas pertencen oficialmente a [[Nova Zelandia]] desde [[1842]]. A superficie total das illas é de 996  km², case toda localízase nas dúas illas maiores, Chatham e Pitt. Estas illas principais son as únicas habitadas, e as illas menores teñen, en gran parte, reservas que posúen un acceso restrinxido ou prohibido.
 
As illas son:
 
== Historia ==
Os primeiros habitantes destas illas pertencían a tribos inmigrantes da [[Polinesia]], que se estableceron arredor do ano 1000 ddC., e deste illamento xurdiu o pobo '''Moriori'''. A orixe exacta desta xente permanece como tema de varias discusións. Algúns postulan que viñeron directamente das illas da Polinesia localizadas máis ao norte, mais na actualidade a crenza xeneralizada é que os maorís teñen a súa orixe en Nova Zelandia<ref>[http://www.teara.govt.nz/en/moriori/1 ''Origins of the Moriori people''] ''Te Ara. The Encyclopedia of New Zealand''</ref>. Este debate ten un matiz político, xa que os actuais habitantes maorís, descendentes daqueles que invadiron e conquistaron o arquipélago en 1832, reclaman un acceso aos dereitos ancestrais maorís. Un extenso informe deses reclamos, ''Rekohu'', foi publicado polo Tribunal Waitangi.
 
A poboación moriori das illas chega a 2000 habitantes. Viven como cazadores e recolectores, obtendo o seu alimento do mar e da flora nativa. Esta sociedade viviu pacificamente, con pequenas organizacións, mais mantenendo unha poboación estábel mediante a castración dunha certa porcentaxe dos nenos varóns.
 
O nome da illa Chatham provén do barco HMS "Chatham", cuxo capitán William R. Broughton desembarcou o [[29 de novembro]] de [[1791]] e reclamou posesión para a [[Gran Bretaña]]. Os cazadores de focas e de baleas fixeron axiña destas illas un centro das súas actividades. A pesca continúa contribuíndo significativamente na economía, aínda que as industrias relacionadas coas focas e baleas cesaron as súas actividades arredor do 1861.
393.002

edicións