Diferenzas entre revisións de «Anittas»

m
Bot: Arranxos varios
(Talvez.)
m (Bot: Arranxos varios)
'''Anittas''', fillo de [[Pithanas]], foi un rei semilexendario dos [[hititas]] en Kusar (Kuššar) ou [[Kushara]] (Kuššara), unha cidade que aínda non foi identificada. Tiña o título de rei de Kusar e despois de grande [[rubaum]]. O seu [[rabi simmiltim]] (xefe da corte) foi Peruwa-kammaliya, que aparece tamén mencionado simplemente como [[Peruwa]] pero que seguramente eran a mesma persoa, e foi probabelmente o seu fillo e sucesor. Foi contemporáneo de [[Samsiadad I]] de [[Asiria]] (sobre [[-1800]]).
 
Anittas reinou a finais do [[século -XVIII]] e crese que foi ascendente de [[Hattusilis I]], o primeiro gran rei hitita de [[Hattusa]], no chamado '''texto Anittas''' ([[CTH]] 1.A, editado en [[StBoT]] 18, [[1974]])[http://titus.uni-frankfurt.de/didact/idg/ido/hethbs.htm], o texto máis antigo coñecido da [[lingua hitita]] ao mesmo tempo que o texto [[linguas indoeuropeas|indoeuropeo]] máis antigo coñecido. O texto alenta a especulación de que tanto Anittas como Pithanas, eran de orixe [[hatti]] e ofrece unha lista de cidades saqueadas por Pithanas, e detalla os seus feitos. No seu tempo os indoeuropeos aínda se estaban establecendo na rexión e un nativo, [[Piyusti]] de Kanis, apoderouse de [[Nesa]] ou Neša (hitita Hattusa).
 
No seu primeiro ano como rei atacou Hattusa ou Hattuša (probabelmente para reconquistar a cidade ocupada polos hatti nativos, diferentes dos hititas indoeuropeos) que estaba agora gobernada por Piyusti de Kanish pero se ben gañou a batalla, non foi suficiente para acabar con Piyusti. Naquel momento a cidade non se chamaba Hattuša senón que o seu nome era Nesa (Neša) e é a moderna [[Bogazköy]] (agora [[Bogazkale]]).
 
O segundo ano chegou na costa do [[mar Negro]] ([[Zalpuwa]]). Refuxiados os restos dos inimigos en Hattusas, Anittas preferiu cortar as liñas de abastecemento da cidade e rendela por fame. Logo de informarse por espías que xa non quedaban guerreiros en Hattusas que puidesen empuñar as armas, tomouna de noite. Como mostra do seu poderío, Anittas encheu a cidade de maldicións sagradas, e sementouna con [[zahheli]], unha planta espiñenta. As riquezas que Anittas saqueou en Hattusas servíronlle para construírse un gran palacio en [[Nesa]]. Ao mesmo tempo, foi o primeiro monarca hitita en tomar o título de Gran Rei.
 
Despois volveu a atacar a Piyušti e librou unha segunda batalla na cidade de Šalampa, na que triunfou; Piyusti retirouse e fortificou Hattuša, que Anittas cercou; na cidade comezou a fame e, xa debilitada, Anittas tomouna unha noite por asalto e destruíuna. Anittas impuxo un anatema "o que despois de min for rei e restaurar Hattuša que o deus das tormentas e do ceo o vote fóra". A lingua nativa (o "[[lingua hatti|hatili]]") seguiuse usando pero a lingua da clase dirixente foi o [[lingua hitita|hitita]]. [[Kanish]] ou Kanis aparece pouco despois baixo o rei [[Zuzzu]].
*[http://history-world.org/hittitesrise.htm A ocupación hitita de Anatolia] {{en}}.
*[http://www.hittites.info/history.aspx?text=history%2fHattic.htm#Anitta Reinado de Anittas] {{en}}.
 
 
 
[[Categoría:Imperio Hitita]]
393.002

edicións