Crema de leite: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎top: Bot: Arranxos varios
Liña 5:
A '''nata'''<ref>[http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=nata&sinom=0&homonimo= Nome en galego e definición no Portal das Palabras da [[RAG]].]</ref> ou '''crema de leite''', é unha substancia graxa de consistencia espesa e tonalidade abrancazada ou amarelada, que se atopa de xeito [[emulsión|emulsionado]] no [[leite]].
 
Está constituída principalmente por glóbulos de materia graxa que se achan na tona do leite ''cru''; por iso disque é unha ''emulsión de graxa en auga''. Esta tona pódese apreciar deixando certa cantidade de leite, sen [[homoxeneidade|homoxeneizar]] nin descremar, nun cunco: pódese ollar como unha primeira camada colle forma na superficie. Esta tona de graxa sepárase mediante un proceso de [[centrifugación]] e envásase por separado para o seu uso en [[gastronomía]].
 
Cómpre non confundirmos esta "nata fresca" coa [[Tona (leite)|tona]] que se forma cando se ferve o leite, e que se produce pola aglomeració da [[albumina]] do leite desnaturalizado pola calor. A tona que se forma na superficie do leite fervido, malia ter un aspecto semellar á "nata fresca" transformouse quimicamente por efecto da calor e ten un sabor e unha textura lixeiramente diferente.