Kevin Roche: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
{{Control de autoridades}}
m →‎Traxectoria: Bot: Arranxos varios
Liña 2:
 
== Traxectoria ==
Naceu en [[Dublín]], aínda que se criou nunha poboación pequena do condado de [[Cork]]. Estudou arquitectura na [[Universidade de Dublín]]. Cando rematou a carreira, traballou durante tres anos nun despacho de arquitectos, no que colaborou no deseño dos exteriores dun importante proxecto. En [[1948]] abandonou Dublín e, tras un curto período no que traballou con outros arquitectos, emigrou aos Estados Unidos para estudar con [[Ludwig Mies van der Rohe|Mies van der Rohe]].Rematada esta época de nova formación, permaneceu na América e conseguiu un emprego no despacho de [[Eero Saarinen]]. Aos cinco anos converteuse en socio principal de Saarinen e cando este faleceu no [[1961]], continuou o seu labor, asociándose cun enxeñeiro de estruturas, John Dinkeloo. Xunto con el terminou proxectos tan significativos de Saarinen como a terminal da TWA no aeroporto Kennedy de [[Nova York]] ou o arco de [[St. Louis, Missouri|St. Louis]].
 
Definitivamente afincado nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], Roche adquiriu a nacionalidade norteamericana. Roche deseñou varios edificios que foron catalogados como monumentos nacionais nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. O seu despacho foi durante algún tempo o preferido polas grandes compañías para deseñar os seus edificios corporativos. Recibiu encargos de todo o mundo para realizar estes edificios. No [[1982]] Roche gañou o [[Premio Pritzker]] de arquitectura, o máximo galardón neste eido, comparábel ao [[premio Nobel]]. Só no período de [[1962]] a [[1982]] Roche deseñou máis de 50 proxectos.