Koiné: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
m →‎top: Bot: Arranxos varios
Liña 1:
{{HistoriaLinguaGrega}}
 
A '''koiné''' (ou κοινή; do grego «[lingua] común»), en senso propio, é unha forma de [[grego antigo]] normalizada en [[Período helenístico|época helenística]] xurdida principalmente do [[dialectos gregos|grego xónico-ático]] e que serviu de lingua común ao principio a [[Grecia antiga|Grecia]], onde se empregaban varios dialectos, e logo ao mundo antigo, en competencia co [[latín]].
 
Por extensión, unha koiné é unha [[lingua vehicular]] na que se funden diferentes dialectos e falas locais. A koiné pode ser só escrita ou oral. Pode limitarse á [[literatura]] ([[poesía]], [[teatro]]...), aos textos administrativos, de dereito etc. Xa que logo, non é posible coñecermos a orixe xeográfica de autores de textos escritos nunha koiné.
 
Os exemplos máis remarcables de constitución dunha koiné son o [[grego antigo]] pero tamén o [[occitano]] ou o [[árabe literal]]. Unha koiné pode tamén ser unha ''[[lingua franca]]'' que permite a comunicación entre interlocutores que falen linguas diferentes. Así, hoxe o [[Lingua inglesa|inglés]] no mundo dos negocios pode servir de koiné.
 
A koiné debe ser claramente distinguida do [[sabir]]: en efecto, cousa totalmente ausente dun sabir, a koiné é unha lingua completa e a miúdo pensada (de onde a súa capacidade para usos literarios) e non un disparate creado para un simple uso utilitario.