Diferenzas entre revisións de «Casa de Bernadotte»

m
Bot: Arranxos varios
(new version (GlobalReplace v0.6.5))
m (Bot: Arranxos varios)
[[Ficheiro:Arms of Bernadotte.svg|miniatura|180px|Escudo da casa de Bernadotte.]]
A '''casa real de Bernadotte''' é a actual casa real de [[Suecia]], que leva reinando desde [[1818]].
 
Entre 1818 e [[1905]] foi tamén a casa real de [[Noruega]].
 
Esta casa real foi fundada por [[Jean-Baptiste-Jules Bernadotte]], nacido en [[Pau, Pireneos Atlánticos|Pau]], mariscal de [[Napoleón]], escollido como sucesor do derradeiro rei da [[Casa de Holstein-Gottorp|dinastía Holstein-Gottorp]], [[Carlos XIII de Suecia|Carlos XIII]], que morreu sen descendencia.
 
O mariscal francés foi coroado en [[1818]] como [[Carlos XIV Xoán de Suecia]] (coñecido en Suecia con este nome, e en Noruega como Carlos III Xoán).
[[Ficheiro:Jean Baptiste Bernadotte.jpg|miniatura|esquerda|170px|[[Jean-Baptiste Bernadotte]], o pai da dinastía]]
 
Despois da guerra de Finlandia de [[1809]], Suecia sufriu a perda traumática de [[Finlandia]], que viña constituíndo a metade oriental do [[Monarquía|reino]] sueco durante séculos.
 
A agonía e o resentimento dirixidos cara ao rei [[Gustavo IV Adolfo de Suecia|Gustavo IV Adolfo]] precipitaron un [[golpe de Estado]]: o tío de Gustavo Adolfo, [[Carlos XIII de Suecia|Carlos XIII]], que non tiña fillos, substituíno.
 
Iso foi só unha solución temporal, pois, en [[1810]], o [[Riksdag]] elixiu o príncipe dinamarqués Cristian Augusto de Augustenborg como herdeiro ao trono. Como príncipe herdeiro, tomou o nome de Carlos Augusto, mais faleceu pouco despois no mesmo ano.
 
Como [[Napoleón I de Francia]] era o emperador dos franceses e gobernaba, directa ou indirectamente, sobre grande parte da [[Europa|Europa Continental]], a través dunha rede de [[Estado|reinos satélites]] levados polos seus irmáns (ver [[Primeiro Imperio Francés]]), o parlamento sueco resolveu escoller un rei que Napoleón aceptase.
 
O [[21 de agosto]] de [[1810]], o Riksdag escolleu a [[Jean-Baptiste Bernadotte]], mariscal de Francia, como herdeiro do trono.
[[Ficheiro:Great coat of arms of Sweden.svg|miniatura|180px|Escudo de Suecia.]]
 
Como príncipe herdeiro de Suecia, asumiu o nome de Carlos Xoán e tornouse oficialmente como [[rexente]] para o restante do reinado de Carlos XIII, asegurando unha unión persoal forzada entre Suecia e [[Noruega]] na campaña contra Noruega de [[1814]].
 
Jean-Baptiste Bernadotte reinou como rei [[Carlos XIV Xoán de Suecia]] e [[Carlos XIV Xoán de Suecia|Carlos III Xoán de Noruega]] do [[5 de febreiro]] de [[1818]] até a súa morte, o [[8 de marzo]] de [[1844]].
393.002

edicións