Ashraf Khan: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m →‎top: Bot: Arranxos varios
Liña 1:
'''Ashraf Khan''' (morto en [[1729]]) foi un gobernante da [[dinastía Hotaki]], [[pashtu]] da tribo [[ghilzai]], accedeu ó trono de [[Persia]] en [[1725]] despois da morte de seu tío [[Mir Mahmud Hotaki]]. Baixo o seu reinado o poder dos Hotaki declinou baixo a presión dos [[Imperio Otomán|otománs]], os [[Imperio Ruso|rusos]] e as forzas persas.
 
Ashraf resistiu o ataque dos rusos e os otománs. Derrotou os otománs nunha batalla preto de [[Kermanshah]] o que conduciu ó establecemento de negociacións coa [[Sublime Porta]] que se cancelaron pola insistencia dos representantes de Ashraf en que este debía ser recoñecido [[califa]] do leste mentres o [[sultán]] seríao do oeste. A pesar da irritación dos otománs asinouse un tratado de paz en setembro de [[1727]] en [[Hamadan]].
 
En setembro de 1729 as forzas do rebelde Nadir Qoli Beg, coñecido máis tarde como [[Nadir Shah]], derrotaron a Ashraf Khan na [[batalla de Damghan]], na retirada dos afgáns morreu Ashraf Khan a mans dos [[baluchis]]. A súa morte supuxo o final da dinastía Hotaki.