Dinastía Hohenstaufen: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
m →‎Historia: Bot: Arranxos varios
Liña 24:
A casa de Hohenstaufen era orixinaria da rexión de [[Suabia]], na acutal [[Baviera]], por iso os Hohenstaufen tamén se coñecen como os suabos.
 
O nome de Hohenstaufen adoptárono dun castllo situado entre [[Göppingen]] e [[Schwäbisch Gmünd]] ([[Suabia]]).
 
[[Ficheiro:Bayern rbschwaben.png|miniatura|150px|A rexión administrativa de [[Suabia]], dentro do ''[[Land]]'' de [[Baviera]].]]
 
O primeiro representante desta liñaxe do que se ten comprobada a súa existencia é [[Federico de Büren]]. O seu fillo [[Federico I de Suabia|Federico I]], primeiro [[Ducado de Suabia|duque de Suabia]], casou coa única filla de [[Henrique IV de Alemaña|Henrique IV]] en [[1079]], recibindo o Ducado de Suabia, que desta forma foi incorporado aos dominios desta familia. En [[1125]] herdaron as posesiónes da [[dinastía Salia]] cando se esta se extinguiu.
 
Os Hohenstaufen intentaron obter a coroa do reino de Alemaña e desde entón mantiveron unha rivalidade constante cos [[Güelfos e xibelinos|güelfos]]. Alcanzaron as súas aspiracións cando algúns dos seus membros foron elixidos [[emperador]]es do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]] e reis de [[Alemaña]] (entre [[1138]] e [[1254]]).
 
[[Henrique VI, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico|Henrique VI]], despois do seu matrimonio coa princesa [[Constanza de Sicilia]], da [[normandos|normanda]] [[casa de Hauteville|casa dos Hauteville]], apoderouse do [[Reino de Sicilia]], feito que xerou un enfrontamento entre os Hohenstaufen e o [[papa]]do.
 
En [[1268]] morreu decapitado o último dos seus representantes, [[Conradino de Hohenstaufen|Conradino]].