Terebinto: Diferenzas entre revisións

especie de planta
Contido eliminado Contido engadido
Magus (conversa | contribucións)
Nova páxina: O '''Escornacabras''' ou '''Terebinto''' ou '''árbore turpentina''' (Pistacia terebinthus) é unha especie de árbore nativo da rexión mediterránea desde Marrocos e Portugal...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 2 de xullo de 2007 ás 15:25

O Escornacabras ou Terebinto ou árbore turpentina (Pistacia terebinthus) é unha especie de árbore nativo da rexión mediterránea desde Marrocos e Portugal no oeste ata Turquía e Siria no leste, e tamén se atopa nas illas Canarias.

É unha árbore que pode chegar ata os 10 m de altura, aínda que normalmente alcanza unha altura máis modestas. As follas son compostas de 10-20 cm de longo con varias follas máis pequenas (5-11) que xorden da principal. As flores teñen unha cor vermella purpurada, aparecendo coas follas a principios da primavera. Os froitos son pequenos bagos vermellos de 5-7 mm de longo, que escurecen ó madurar. Todas as partes da planta teñen un forte cheiro resinoso.

Historia

John Chadwick cree que o escornacabras é a planta chamada ki-ta-no que aparece nalgunhas tabras de Linear B, un antiguo dialecto de Grecia. Cita a obra do erudito español, J.L. Melena, que atopou "un antigo lexico que amosaba que o kritanos era outro nome para a árbore turpentina (terebinto) e que a pronunciación micénica podía representar unha forma variante da palabra."

O escornacabras é mencionado na Biblia no Antigo Testamento, por exemplo, en Isaías 1:29, onde a palabra hebre "el" ou "elim" a menudo pode traducirse como buxo ou escornacabras. Tamén son mencionados en tres capítulos sucesivos do Xénese (12:6, 13:18, 14:13) referíndose ós lugares onde o patriarca Abraham acampaba. Tamén hai unhas poucas referencias no libro dos Xuices.

O escornacabras tamén é mencionado na Eneida de Virxilio, libro 10, línea 136.

Utilidade

O uso máis antigo é coñecido do escornacabras é como fonte da turpentina, un aceite vexetal utilizado como diluinte e como compoñente químico. Actualmente a turpentina do escornacabras é coñecida como turpentina chipriota.

Os froitos do escornacabras son utilizados en Chipre para a elaboración dun pan especial. En Creta, onde recibe o nome de tsikoudia, é utilizado na elaboración dun licor que tamén se chama tsikoudia. A árbore é rica en sustancias resinosas e foi utilizada polas súas propiedades medicinais e aromáticas na Grecia clásica. A corteza pode utilizarse para elaborar unha pasta de cheiro doce, e as galas utilízanse na confección de coiro e recentemente na elaboración de antiinflamatorios.