Hórreo galego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 193.144.97.34 (conversa); cambiado á última versión feita por Chairego apc
Isili0n (conversa | contribucións)
Para dar o significado dunha palabra ou étimo debemos empregar as comiñas simples.
Liña 16:
 
== Denominación ==
O uso do hórreo esténdese por toda Galicia, coa excepción dalgunhas zonas do sueste. A mesma tipoloxía esténdese tamén polo extremo occidental de [[Asturias]], onde é chamado ''cabazo'', e polo norte de [[Portugal]], ata a beira esquerda do [[Ríorío Douro]], onde é chamado ''espigueiro'', ''canastro'' ou ''caniço''. En Galicia recibe diferentes nomes segundo a zona: ''hórreo'' ou ''hórrio'' no centro-norte, ''cabazo'' no noroeste da [[Provincia da Coruña|Coruña]], ''cabozo'' no norte de [[Provincia de Lugo|Lugo]], ''canastro'' na zona sur, máis raramente ''canasto'', ''cabaceiro'' entre o centro e o nordeste de [[Provincia de Ourense|Ourense]], igual na mesma dirección en Lugo, pero mesturado con formas máis pechadas (''cabeceiro'', ''cabeceira'', ''cabaceira''), ''canizo'' entre a [[ría de Vigo]] e o [[río Miño]], ''piorno'' no [[Salnés]], ''cabana'' máis no interior, ''paneira'' na [[Penínsulapenínsula do Morrazo]], ''orno'' ou ''órneo'' no cabo do Morrazo, ''hórreo'' ou ''horro'' os de tipo asturiano no leste de Lugo; e outros apelativos de extensión menor.<ref>Bas López, B. ''Os nomes galegos dos hórreos e dos seus elementos''. Verba, Anuario galego de filoloxía, nº 7, 1980. Universidade de Santiago de Compostela. ISSN 0210377X.</ref>
 
* '''Hórreo'''. A explicación máis aceptada da orixe do termo hórreo e as súas variantes (hórrio, orno e órneo) remite ao [[Latín|latino]] ''horreum'' (do [[lingua grega|grego]] ὡρεῖον, σιτοφυλακεῖον, ἀποθήκη, 'celeiro'), que designaba en orixe un [[edificio]] no que se gardaban [[froito]]s do campo, especialmente o gran.<ref>Kaltschmidt, J.H. ''A school dictionary of the Latin language''. William and Robert Chambers, 1850.</ref> Durante o [[Imperio Romano|Imperio]] a palabra ''horreum'' empregábase para calquera lugar destinado a conservar cousas de calquera natureza, sexa [[viño]] (''horrea vinearia''), mercancías e provisións (''horreum penarium'').<ref>Schmitz, L. ''Horreum''. Artigo en Smith, W. ''A Dictionary of Greek and Roman Antiquities''. John Murray. Londres, 1875.</ref> Outros autores fan derivar o actual ''hórreo'' dun ''órreo'' prerromano presente na toponimia e na hidronimia, e que tería xa o significado de silo para o gran.<ref name="rq"/>
* '''Cabazo'''. Do latín vulgar *'''''capacĕu.'''''<ref>{{Cita web|url=https://digalego.xunta.gal/digalego/Html/index.php?op=ver&id=11064&opcion=entrada&entrada=%3Csup%3E2%3C/sup%3Ecabazo|páxina-web=Dicionario de galego|título=Cabazo|data-acceso=8 de decembro de 2016}}</ref> O termo cabazo designa principalmente ao [[hórreo de corres]], pero por similitude funcional emprégase por zonas para nomear ao hórreo galego.
 
A palabra cabazo e as súas variantes (cabozo, cabaceiro, cabeceiro, cabeceira e cabaceira) provén, segundo [[Xosé Trapero Pardo|Trapero Pardo]], do termo [[cabaza]], froito que frecuentemente se deixaba secar nos tornarratos. Segundo [[Corominas]] provén dun ''calapaccia'' prerromana, que significaba «cuberta a modo de casca», en alusión probable ao tellado vexetal.<ref>Meilán, A. ''Manifestaciones culturales en "As Figueiras" y su contorno''. En ''Estudios y trabayos del Seminariu de Llingua Asturiana'', Volume 2. Universidade de Oviedo, 1979. ISBN 84-7468-024-7, 9788474680249.</ref> Outra explicación relaciona a palabra ''cabazo'' co tema latino ''capio, capere'', empregado para nomear contedores e trebellos de ''capacidade''. A palabra ''celeiro'' ou ''cileiro'' provén dun ''cellarium'' latino, de ''cella'', 'silo' ou 'adega baixo terra'.<ref name="rq">Rivas Quintas, E. ''Millo e hórreo. Legumia e cestos''. Laiovento. Noia, 1996. ISBN 84-87847-81-1.</ref>
 
* '''Canastro'''. Do latín ''canistrum'', 'cesto de vimbios'. O nome empregábase en orixe para denominar ao hórreo de corres, pero estendeuse especialmente polo sur da provincia de Ourense. Fai referencia á arte de elaboración das paredes do cabazo.
* '''Paneira'''. A paneira, do latín ''panarium'' (derivado de ''panis'', o 'pan') é a tulla na que se garda o gran. En Asturias chámase ''panera'' ao hórreo de máis de catro ''pegollos'', e no [[hórreo tipo Ribadeo]] a paneira é o andar intermedio do hórreo de tres niveis. Nesta variante tipolóxica o primeiro andar ou ''celeiro'' emprégase para gardar as patacas, o segundo ou ''paneira'' para gardar o centeo e o trigo, e o superior ou ''hórreo'' para as mazarocas do millo.
* '''Piorno'''. Do latín ''viburnum'', 'vimbieira'. É o nome dunha especie de [[xesta]] que se emprega para tecer cestos e cabazos. Chámase así ao hórreo principalmente na [[provincia de Pontevedra]], aínda que tamén se denomina así unha tipoloxía [[Piorno|de seu]].
 
== Orixe e historia ==
Liña 42:
O uso dos celeiros aéreos vai xunguido ao cultivo do [[paínzo]], que xa se practicaba na cultura dos [[Castro (poboado)|castros]], como o demostran os achados de sementes torradas en diversas citanias e que se gardan no Museu [[Leite de Vasconcelos]], en Portugal. Algúns autores ven no hórreo unha prolongación da [[palafita]],<ref>Frankowski, E. ''Hórreos y palafitos de la Península Ibérica''. Edición facsímile. Ediciones Istmo. Madrid, 1986. ISBN 84-7090-168-0.</ref> mentres que para outros é unha dependencia doméstica segregada da [[casa]].<ref name="jls"/> Sobre a súa orixe contamos coas mencións de autores latinos, que non despexan as dúbidas sobre o aspecto formal dos celeiros aos que fan referencia.
 
Haberá que agardar á representación miniada de tres hórreos nas [[Cantigas de Santa María|''Cantigas de Santa María'']], no [[século XIII]]. Cada un deles consta dunha cámara estreita e longa sobre catro esteos con tornarratos, unha porta no testeiro en [[Arco (arquitectura)|arco]] de ferradura e cuberta de [[Tella (construción)|tella]] curva a dúas augas, sen beiril, sobrepenas nin cruceiro. Esta similitude formal suxire que en Galicia o seu uso é moi anterior ao comezo do cultivo do millo, probablemente ligado ao cultivo do paínzo ou millo miúdo. Porén, a ausencia de doelas e pontóns nas paredes costais non permite a ventilación do interior da cámara, polo que estamos ante un tipo de hórreo aínda non especializado na conservación do millo.<ref name="xl"/>
 
O documento galego máis antigo no que se atopa unha referencia ao hórreo é unha escritura de [[1219]] pola que o rei [[Afonso IX]] lles cedía o castro de Untia, lugar no que se asenta hoxe a cidade de [[Betanzos]], aos veciños da parroquia de [[Tiobre, Betanzos|Tiobre]], hoxe chamado [[Betanzos o Vello, Tiobre, Betanzos|Betanzos o Vello]]. No documento lese ''Inde per viam quae tendit ad orreum vrum. Excepto ipso orreo cum suo currali''.<ref>Vaamonde Lores, C. ''Ferrol y Puentedeume. Escrituras referentes a propiedades adquiridas por el monasterio de Sobrado en dichos partidos en los S. XII, XIII y XIV''. A Coruña, 1909. Apéndice VII. Citado en Martínez Rodríguez, I. ''El hórreo gallego''. Fundación Pedro Barrié de la Maza. A Coruña, 1975. ISBN 84-85728-00-9.</ref>
Liña 55:
[[Ficheiro:Gerard-Herball-1633.jpg|miniatura|dereita|200px|O millo nun herbario de [[1633]].]]
 
O nome orixinal do novo gran, ''maíz'', foi substituído polo do cereal ao que viña desprazar, o ''millo''. Esta confusión fixo necesario modificar os nomes, chamando ao vello ''paínzo'', ''millo miúdo'' ou ''millo dos paxaros'', e ao novo ''millón'', ''millote'', ''millo grande'', ''millo gordo'', ''millo graúdo'' e aínda a forma híbrida ''maínzo''.<ref name="xl"/> Esta transposición de nomes deuse tamén na boroa, que está emparentada coas palabras ''bro'' céltica e ''brod'' xermánica, as dúas co mesmo significado de ''pan'' nos seus respectivos idiomas. Antes da chegada do millo, boroa viña significar ''pan'' de xeito xenérico, do mesmo xeito que as súas derivadas ''brodio'' e ''proia'' significaban, a primeira, a 'sopa feita con pan' e, a segunda, a 'torta de masa'. Tras a xeneralización do uso do millo a boroa pasou a ser o pan feito de fariña de millo especificamente.<ref name="jls">López Soler, J. ''Los hórreos gallegos''. Sociedad Española de Antropología, Etnografía y Prehistoria. Actas y Memorias, tomo X, cadernos 1º e 2º. Madrid, 1931. Facsímile reproducido como anexo a Frankowski, E. ''Hórreos y palafitos de la Península Ibérica''. Edición facsímile. Ediciones Istmo. Madrid, 1986. ISBN 84-7090-168-0.</ref>
 
O [[pan]] era o alimento fundamental da poboación, polo que o incremento da produción de cereal panificable mellorou as condicións de vida da xente do campo, que se vía constantemente ameazada polas épocas de escaseza. Asemade a maior produción agrícola aumentou as rendas da terra, principalmente en forma de décimos pagados en diversas especies a señores segrares, moitos deles fidalgos rurais intermediarios de señores eclesiásticos na percepción das rendas. O aumento das rendas percibidas polos principais mosteiros entre os séculos XVI e XVIII é extraordinario, chegando nalgúns casos, como o do de [[Convento de San Domingos de Bonaval|Bonaval]], a un 300%, ou o prioratopriorado de San Pedro de [[Lobás, O Carballiño|Lobás]], cun 400%.<ref>Villares, Ramón. ''Foros, frades e fidalgos''. Edicións Xerais de Galicia. Vigo, 1982. ISBN 84-7507-065-5</ref> Este incremento na renda faina posible a adopción do millo por parte do campesiñado galego.
 
A partir do momento de introdución do millo e a da [[pataca]] a vida campesiña experimentou cambios enormes. Os novos cultivos posibilitaron o abandono do barbeito entendido ao xeito tradicional, como período de vacancia de cultivos, as superficies cultivadas estendéronse con novas rozas e cavadas, o cultivo do paínzo foi abandonado e o do centeo desprazado, as terras húmidas foron transformadas en milleiras, os prados levados ás abas e os cereais ás searas e, ocasionalmente, ás estivadas.