Fortaleza do Castro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 13:
A muralla construída é irregular por mor á orografía aberta por varias portas e defendida por tres [[baluarte]]s. Na parte máis alta atopábase o forte de San Sebastián. Tras o asedio de 1665, o capitán xeneral de Galicia ordena completar as obras, e foi logo, en 1666 cando o coronel e enxeñeiro Fernando de Gourannanbergue e mailo mestre de campo [[Diego Arias Taboada]] elaboran un intenso plan de fortificación e unión das fortalezas do Castro e de San Sebastián. A xulgar polos escritos da época a cidade nunca quedou ben defendida, pois a fortaleza se encontraba relativamente lonxe do mar e non podía deter os desembarcos. Ademais era doado acadar o cumio sen que o inimigo estivese descuberto. Logo de tres anos rematou a guerra con Portugal e as murallas perderon a súa importancia.
 
Despois de varios intentos de as mellorar, Vigo sofre a sonada [[Batallabatalla de Rande]] (23-24 de outubro de 1702) en plena [[guerra de Sucesión]], onde os invasores desembarcaron e saquearon novamente a vila. Despois disto houbo varios intentos inútiles de fortificación da vila. Cen anos despois, en 1809, o castelo do Castro volve ser protagonista debido á invasión dos franceses encabezada por [[Napoleón Bonaparte]], onde el 28 de marzo, a fortaleza é reconquistada polos vigueses tras unha dura e heroica batalla, trala cal os franceses se renden. A vila dende entón pasa a ter o título de "Fiel, Leal e Valorosa".
[[Ficheiro:CastroFortress4.jpg|miniatura|[[Cruceiro]] no interior do forte.]]
Dise que dende a fortaleza partían varios túneles que comunicaban con distintos puntos da cidade, como co castelo de San Sebastián, o centro histórico e incluso se conta que co [[Montemonte da Guía]] situado a máis de tres quilómetros, pouco antes do [[estreito de Rande]]. Aínda se poden ver restos na fortaleza de San Sebastián e hai poucos anos se atoparon restos deles na achegada rúa de Celso Emilio Ferreiro. A carón das murallas do castelo do Castro, até non hai moito tempo, era perfectamente visíbel a entrada dun destes túneles, onde se conta que se practicaron execucións durante a [[Guerra Civil Española]].
 
== Características ==