Phaeophyceae: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Baruto.
Miguelferig (conversa | contribucións)
ligazóns
Liña 4:
A maioría dos feófitos viven nas costas rochosas do mar das zonas temperadas e subpolares, dominando a [[zona intermareal]] coma no caso das [[Laminariales]] da costa de [[California]]. Tamén se presentan en formas flotantes libres, coma o ''[[Sargassum]]'', que forma grandes extensións no [[Mar dos Argazos]]. Son os principais [[produción primaria|produtores primarios]] de varias comunidades de [[invertebrado|animais invertebrados]] e [[microbio]]s.
 
Xeralmente están diferenciadas en [[talo]] e mais pé. O talo dalgunhas formas pode estar provisto dun baruto de tubos capaces de transportar auga e produtos da [[fotosíntese]], vestixios dos verdadeiros [[tecido condutor|tecidos condutores]] ([[xilema]] e [[floema]]) das plantas superiores. Presentan [[clorofila]] [[clorofila a|a]] e [[clorofila c|c]] e [[xantofila]].
 
A súa reprodución é [[Reprodución sexual|sexual]]. Forman [[óvulo]]s e [[espermatozoo]]s [[biundulipodiado]]s, que teñen un [[undulipodio mastigonemado]] dirixido cara adiante e outro liso cara atrás. O [[óvulo]] fertilizado xermola en resposta a unhas determinadas condicións de luz. O [[organismo diploide]] que se desenvolve a partir do óvulo fertilizado recibe o nome de [[esporófito]].