Tecido vascular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 13:
 
== Plantas vasculares ==
A presenza de tecidos vasculares serve para clasificar as plantas een dous grandes grupos: plantas vasculares ou traqueófitas, que son as pteridófitas e espermatófitas, e plantas non vasculares, que son as [[briófitas]]. Os tecidos vasculares consérvanse moitas veces nos [[fósil]]es e o que mellor se conserva é o [[xilema]], por ter predes máis grosas, polo que é o xilema o que máis se usa para dentificar plantas vasculares fósiles.<ref name=Esau/>
 
As briófitas ([[musgos]], [[hepáticas]] e [[antocerotas]]) son plantas moi pequenas que poden absorber auga por todo o seu corpo e non necesitan nin teñen tecidos vasculares e carecen practicamente de diferenciación celular. Non obstante, hai algunhas especies de hepáticas e musgos nas que poden aparecer cordóns de células centrais [[parénquima|parenquimáticas]] cunha incipiente especialización que facilitan o transporte de auga, aínda que non constitúen un verdadeiro tecido vascular.
 
Canto maior é o corpo dunha planta, máis células teña e máis partes aéreas teña, máis necesarios son os tecidos vasculares que transporten con rapidez a auga e os nutrientes entre as distintas partes da planta, polo que no decurso da [[evolución]] das plantas apareceron tecidos especializados na condución chamados tecidos vasculares ou condutores. Estes encóntranse xa nas pteridófitas e anxiospermas. Na evolución das [[pteridófitas]] e [[ximnospermas]] obsérvase un aumento da sección dos elementos condutores e a aparición de punteaduras nos tabiques transversais que conectan as células condutoras ([[traqueida]]s), e nas máis evolucionadas (''Pteridium'', ''Ephedra'') desaparecen os tabiques transversais e aparecen as [[traquea (xilema)|traqueas]]. Estas células eran de paredes grosas, polo que servían á vez para a condución e o sostén. Posteriormente, nas [[anxiospermas]] apareceron tecidos especializados só no sostén como o [[esclerénquima]] e as traqueas condutoras chegaron ao seu máximo desenvolvemento.<ref name=Botánica>D. v. Denfer, F. Ehrendorfer, A. Bresinsky, H. Ziegler.Tratado de Botánica. Strassburger. 7ª edición. Editorial Marín. 1986. Páxinas 126-131. ISBN 84-7102-990-1.</ref>
 
== Xilema ==