Diferenzas entre revisións de «A Sariña, Chantada»

m
{{atención}}{{links internos}}, Category Chantada
(Nova páxina: A Sariña é unha pequena aldea situada preto da ribeira do miño, a 2km da ponte de portotide, e a 6km da vila de Chantada, corazón de Galicia. As principais actividades deste pobo b...)
 
m ({{atención}}{{links internos}}, Category Chantada)
{{atención}}{{links internos}}
 
A Sariña é unha pequena aldea situada preto da ribeira do miño, a 2km da ponte de portotide, e a 6km da vila de Chantada, corazón de Galicia.
As principais actividades deste pobo baséanse na explotación dos recursos naturais propios desta terra; así os seus habitantes dedicáronse dende sempre á venta de productos naturais como os tomates, patacas, froita de temporada, etc, nas feiras e mercados máis cercanos e coñecidos como son os de Chantada e Escairón, ainda que tamén existe actividade gandeira e sobretodo vitivinícola, debido en gran parte á cultura do viño promovida pola cercanía do pobo á coñecida ribeira sacra lucense.
 
A pesar de se tratar dunha pequena aldea, destaca a súa fermosa igrexa, coñecida como "Igrexa de Santa María da Sariña". Construida na primeira metade do século XVIII, presenta planta e ábside rectangulares. Os muros son de cantería de granito e a cuberta a dúas augas. A fachada, que se remata cunha espadaña de dous vanos, responde a características barrocas, cun frontón partido pola espadaña e un gran óculo central. No lado norte atopamos un altar exterior adosado ó muro, cunha imaxe da Virxe sobre un podium, todo esto en pedra. Dentro impresiona o maxestuoso altar que a domina. Esta igrexa surxiu en principio como unha ermita de peregrinación. Era coñecida ata hai ven pouco a romería do día nove de setembro, que actualmente vai a menos a pesar dos esforzos dos escasos párrocos para atender as numerosas parroquias da zona.
 
[[Category:Chantada|Sariña, A, Chantada]]