William Lawrence Bragg: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Poño modelo Científico
m →‎Traxectoria: ligazón a pneumonía
Liña 28:
 
== Traxectoria ==
Naceu en Australia, daquela parte do [[Imperio Británico]]. Fillo do físico británico sir [[William Henry Bragg]], en 1904, con tan só 15 anos, comezou a estudar na Universidade de Adelaida [[matemáticas]], [[química]] e [[física]]. Graduouse en [[1908]], con 18 anos. Ese mesmo ano o seu pai aceptou un traballo na Universidade de Leeds, trasladándose a familia a [[Inglaterra]]. No outono de [[1909]] entrou no Trinity College de [[Cambridge]]. Graduouse en matemáticas a pesar de estar en cama con [[pneumonía]] cando tivo que facer o exame. Posteriormente dedicouse ao estudo da física, graduándose en [[1911]].
 
Foi profesor da Universidade Vitoria de Manchester ([[1919]]-[[1937]]) e nomeado director do Laboratorio Nacional de Física ([[1937]]-[[1938]]). En [[1938]] foi nomeado profesor de física experimental da Universidade de Cambridge. En [[1941]] foi honrado co título de cabaleiro (''sir'').