Ruínas de San Domingos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 2:
 
[[Ficheiro:Igrexa de Santo Domingo de Pontevedra 002.jpg|miniatura|dereita|300px|Vista exterior das ruínas.]]
[[Ficheiro:Ruinas de Santo Domingo, Pontevedra.jpg|miniatura|dereita|300px|Vista xeral segundo se accede ás ruínas: á esquerda, as capelas; ó fondo, a sancristía; á dereita, o acceso á sala capitular.]]
As '''ruínas de San Domingos''' constitúen un dos seis edificios que forman o complexo do [[Museo Provincial de Pontevedra]]. Corresponde cos restos que permanecen en pé da igrexa [[arquitectura gótica|gótica]] do que no seu día foi o convento de San Domingos.
 
Liña 37:
 
En [[1903]] comezan as obras do Instituto de Pontevedra (actual [[IES Valle-Inclán]]), a carón das ruínas, sobre o terreo que ocupaba o convento. Entón, a Sociedade Arqueolóxica solicitou que se lle reservase un espazo na planta baixa, pero a sala que lle deixaron era insuficiente para os fondos que necesitaba expor. En [[1945]] esta sala foi permutada por un pequeno patio e parte do soto do instituto.
[[Ficheiro:Membros do Seminario de Estudos Galegos en 1928.jpg|miniatura|300px|O membros do [[SEG]] en [[1928]], nas Ruínas de San Domingos. De pé: [[Ramón Otero Pedrayo|Pedrayo]], [[Antón Losada Diéguez|Losada]], [[Florentino López Cuevillas|Cuevillas]], [[Vicente Risco|Risco]], [[Carballo Calero]], [[Xosé Filgueira Valverde|Filgueira]], [[Sebastián García Paz|García Paz]], [[Luís Pintos Fonseca|Pintos]], [[Antón Fraguas|Fraguas]] e [[Bibiano Fernández Osorio-Tafall|Osorio-Tafall]]. Sentados: [[Isidro Parga Pondal|Parga Pondal]], [[Abelardo Moralejo Laso|Moralejo Laso]], [[Xesús Carro García|Carro]], [[Salvador Cabeza de León|Cabeza de León]], [[Joaquín Arias Sanjurjo|Arias Sanjurjo]], [[Xerardo Álvarez Limeses|Álvarez Limeses]] e [[Juan Novás Guillán|Novás]].<ref name="FOTOSEG">Véxase [[:Ficheiro:Membros do Seminario de Estudos Galegos en 1928, reverso, dixit Fermín Bouza Brey 1955.jpg|o reverso manuscrito]] por [[Fermín Bouza Brey|F.B.B.]] en 1955.</ref>]]
 
En 2008, durante as obras acometidas polo concello para a construción dun aparcamento subterráneo na praza de España, descubríronse restos da cimentación da igrexa gótica e unhas 20 fosas do que sería o cemiterio exterior da mesma.