Francisco de Goya: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
*recén
Liña 137:
[[Ficheiro:La familia del infante don Luis.jpg|miniatura|280px|esquerda|''[[A familia do infante don Luís de Borbón]]'', 1784 (Fundación Magnani Rocca, [[Corte di Mamiano]], [[Italia]]).]]
 
Ó longo de toda a década de 1780 entra en contacto coa alta sociedade madrileña, que solicita ser inmortalizada polos seus pinceis, converténdose no seu retratista de moda. Foi decisiva para a introdución de Goya na elite da cultura española a súa amizade con [[Gaspar Melchor de Jovellanos]] e [[Juan Agustín Ceán Bermúdez]], historiador da arte. Grazas a iso recibe numerosas encargas, como os do recénrecentemente creado (en 1782) [[Banco de San Carlos]] e do [[Colexio de Calatrava]] de Salamanca. De suma importancia foi tamén a súa relación coa pequena corte que o infante don [[Luís Antonio de Borbón e Farnesio|Luís de Borbón]] se creara en [[Arenas de San Pedro]] ([[Provincia de Ávila|Ávila]]), xunto ó músico [[Luigi Boccherini]] e outras figuras da cultura española. Don Luís renunciara a todos os seus dereitos sucesorios ó casar cunha dama aragonesa, [[María Teresa Vallabriga]], cuxo secretario e xentilhome de cámara tiña lazos familiares coa familia [[Bayeu]]. Do seu coñecemento dan conta varios retratos da Infanta María Tareixa (un deles ecuestre) e, sobre todo, ''[[A familia do infante don Luís]]'' (1784), un dos cadros máis complexos e logrados desta época.
 
[[Ficheiro:Los duques de Osuna y sus hijos.jpg|miniatura|230px|''[[Os duques de Osuna e máis os seus fillos]]'', 1788 (Museo del Prado).]]
Liña 152:
Dende comezos de 1778 Goya espera recibir a confirmación dunha importante encarga, a decoración pictórica dunha cúpula da [[Basílica de Nosa Señora do Pilar]],<ref>Francisco de Goya, ''Cartas a Martín Zapater'', ed. lit. Mercedes Águeda y Xavier de Salas, Tres Cantos, Istmo, 2003, pág. 60 y n. 8, pág. 62.</ref> que a Xunta de Fábrica do devandito templo quixo encomendar a Francisco Bayeu, quen á súa vez propuxo a Goya e ó seu irmán [[Ramón Bayeu|Ramón]] para a súa realización. Na decoración da cúpula ''[[Regina Martirium]]'' e os seus [[pendente (arquitectura)|pendentes]] depositaba o artista grandes esperanzas, pois o seu traballo coma pintor de cartóns non podía colmar a ambición á que aspiraba coma gran pintor.
 
En 1780, ano no que é nomeado académico, emprende viaxe a Zaragoza para realizar o fresco so a dirección do seu cuñado, Francisco Bayeu. Malia todo, ó cabo dun ano, o resultado non satisfixo á Xunta do Pilar e propúxose a Bayeu corrixir os frescos antes de dar a súa aprobación para continuar cos [[Pendente (arquitectura)|pendentes]]. Goya non aceptou as críticas e opúxose a que se interviñese na súaobra recénque rematadaacababa obrade rematar. Finalmente a mediados de 1781 o aragonés, moi adoecido -nunha carta dirixida a Martín Zapater expresa que «en acordarme de Zaragoza y pintura me quemo bibo...»—,<ref>Goya, ''Cartas a Martín Zapater'', ed. cit. pág. 94.</ref> volveu á corte. O resentimento durou ata que en 1789 coñeceu a intercesión de Bayeu no seu nomeamento como [[Pintor de Cámara do Rei]]. A finais dese ano, por outra banda, morre o seu pai.
 
Pouco despois Goya, xunto cos mellores pintores do momento, foi requirido para pintar un dos cadros que ían decorar a Igrexa de San Francisco o Grande de Madrid, no que se converte para el nunha oportunidade de establecer unha competencia cos mellores artífices contemporáneos. Tralos roces habidos co maior dos Bayeu, Goya prestará un detallado seguimento a este traballo no epistolario dirixido a Martín Zapater e tentará mostrarlle coma a súa obra vale máis que a do respetadísimo Francisco Bayeu, a quen se lle encarregou a pintura do altar maior. Todo isto refléctese na carta datada en Madrid a [[11 de xaneiro]] de [[1783]], na que conta coma ten novas de que Carlos IV, entón aínda Príncipe de Asturias, denostara o lenzo do seu cuñado nestes termos:{{Cita|Lo que sucedió a Bayeu fue lo siguiente: Abiendo presentado su cuadro en palacio y aber dicho el Rey [Carlos III] bueno, bueno, bueno como acostumbra; despues lo bio el Príncipe [el futuro Carlos IV] y Ynfantes lo que digeron, nada ay a fabor de dicho Bayeu, sino en contra pues es publico que a estos Señores nada a gustado. Llegó a Palacio Don Juan de Villanueba, su Arquitecto y le preguntó el Principe, que te parece de ese cuadro, respondio: Señor, bien. Eres un bestia le dijo el principe que no tiene ese cuadro claro obscuro ni efecto ninguno y muy menudo, sin ningun merito. Dile a Bayeu que es un bestia.<br /><br />Eso me lo han contado 6 o 7 profesores y dos amigos de Villanueba que el se los a contado, aunque el echo fue delante de algunos señores que no se ha podido ocultar.|''Apud'' Bozal (2005), vol. 1, págs. 89-90. ''Cfr.'' tb. Goya, ''Cartas a Martín Zapater'', ed. cit. pág. 134.}}A obra aludida é ''[[San Bernardiño de Siena predicando perante Afoso V de Aragón]]'', rematada en 1783 ó tempo que traballaba no retrato da familia do infante don Luís, e o mesmo ano d' ''O conde de Floridablanca e Goya'', obras que supoñen tres fitos que lle sitúan no cumio da pintura do momento. Xa non é só un pintor de cartóns senón que domina tódolos xéneros pictóricos: o relixioso, co ''Cristo crucificado'', co ''San Bernardino predicando'' e máis o cortesán, grazas ós retratos da aristocracia madrileña e da familia real.