Fernando VII: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
File renaming criterion #2: To change from a meaningless or ambiguous name to a name that describes what the image particularly displays. (GlobalReplace v0.6.5)
m →‎Sucesión: ortografía e ligazóns
Liña 20:
Debido ao aborrecemento que sentía por eles, dende moi pequeno Fernando xa conspirara contra os seus pais e contra Godoy. En torno ao Príncipe de Asturias vaise formando un núcleo opositor formado por membros da alta nobreza que, temerosos do poder que tiña, perseguían que Godoy non chegase ao trono como se viña supoñendo, por iso en [[1807]] levouse a cabo a primeira conspiración. Por causa dun descuido, esta conspiración foi descuberta polo que Fernando foi xulgado no denominado Proceso de El Escorial. O príncipe, nun xesto propio do seu carácter e reinado, denunciou a todos os implicados e pediu desculpas aos seus pais, máis tarde o tribunal absolveu a todos os implicados.
 
En marzo de [[1808]], coa presenza de tropas francesas no territorio español, a corte real trasladouse a [[Aranjuez]], como parte dun plan de Godoy para trasladar a familia real a América. O día 17 dese mesmo mes, o pobo ataca o pazo do Príncipe da Paz. Aínda que Carlos IV salvou a vida do seu favorito, tivo que abdicar en Fernando o 18 de marzo, estes feitos son coñecidos como "Motín de Aranjuez".
 
Tras este motín, Fernando volveu á Corte, onde foi aclamado polo pobo de Madrid. Porén, as tropas francesas xa ocuparan Madrid o día anterior (23 de marzo). O destronado rei Carlos e a súa dona pasaron a estar baixo protección de [[Napoleón]]. Este invitou a Fernando a reunirse con el, ao que accedeu con esperanza de que o emperador o apoiase como rei de España. Nun principio a reunión ía ser en España, pero logo pasou a celebrarse en [[Baiona, Francia|Baiona]]. Chegaron a Baiona o 30 de abril, mentres que en Madrid o pobo comezaba a loitar contra os franceses. Os fitos do 2 de maio de [[1808]] marcan o inicio da [[Guerra da Independencia española]].
 
===Abdicacións de Baiona ===
Durante a reunión en Baiona, Carlos IV afirma que a renuncia ao trono producida tras o "Motín de Aranjuez" era nula, polo que pedía que lle foran devoltos os seus dereitos como rei, pero logo cédellos a Napoleón a cambio de asilo político en [[Francia]] así como unha pensión de 30 millóns de reais anuais. Cando chegaron a Baiona as noticias de que Madrid se levantara en contra dos franceses, Napoleón ordenou a Fernando que recoñecese ao seu pai como lexítimo, a cambio dun castelo e 4 millóns de reais de pensión anual, aceptou. A coroa de España recaeu en Napoleón, o cal lla deu ao seu irmán José Bonaparte que reinaría como [[JoséXosé I de España|Xosé I]]. Este complicado traspase da coroa española coñécese como ''"Abdicacións de Baiona"''.
 
Estas abdicacións no son soamente un cambio político de dinastía, senón que Napoleón proclama que España encontraseencóntrase fronte a un cambio de réxime, cos beneficios dunha constitución sen necesidade dunha revolución. Napoleón convocou unha reunión de notables españois en Baiona (supuxo un fracaso para Napoleón xaposto que soamente acudiron á cita 75 dos 150 notables), esta reunión coñeceríase máis tarde como ''"La Junta española de Bayona"'', nas nove sesións desta xunta debateuse o proxecto de Napoleón para unha nova constitución española que se aprobou en xullo de [[1808]] denominada Constitución de Baiona.
 
Mentres, Fernado viu como Napoleón non cumpría a súa parte e internou a Fernando co seu irmán Carlos e o seu tío Antonio no castelo de Valençay. Fernando permanecería alí até o final da Guerra da Independencia<ref>http://www.boadilla.com/pages/fernando7.htm</ref>.
Liña 37:
En decembro de 1813 Napoleón firmou a paz con Fernando, no denominado Tratado de Valençay, e Fernando quedou en liberdade<ref name="cervantesvirtual.com"/>. Fernando volvería a España en 1814, evitando ir a Madrid, onde tería que asinar a [[Constitución española de 1812|Constitución de 1812]]. Faino por terras de Xirona e dende alí dirixiuse a Valencia, buscando apoios para gobernar de forma absolutista.
 
Nada máis chegar a España atopa apoios e invitacións para gobernar como un rei tirano e absoluto: o do [[Xeneral Elio]], que puxo o exército ao seu dispor (é o primeiro pronunciamento da historia de España<ref>{{Cita libro|título=Ejército y sociedad en la España liberal (1808-1936)|apelidos=Payne|nome=Stanley G.|editorial=Akal|ano=1977|ISBN=84-7339-215-9|páxinas=14-15|ref=}}</ref>) e o dunha serie de deputados que lle presentan o ''Manifesto dos Persas'', no que os 69 deputados pedíanlle ó rei a volta ó absolutismo. Ademais disto, lembramos que Fernando VII contaba co apoio e simpatía do pobo.
 
O rei decide entón restaurar o absolutismo asinando un decreto o [[4 de maio]] de [[1814]] polo que se declaraba nulo o decreto das cortes e a Constitución promulgada en Cádiz an 1812.
Liña 62:
Co triunfo dos liberais suprímese o absolutismo, quedando Fernando VII como rei tras ser obrigado a xurar a Constitución de 1812 ([[9 de marzo]] de [[1820]]). Famosa é a súa frase de ''"Marchemos todos, y yo el primero, por la senda de la Constitución"''.
 
Decrétanse medidas desamortizadoras e anticlericais como a expulsión dos [[Compañía de Xesús|xesuítas]], a desamortización eclesiástica e o peche dalgúns conventos e mosteiros. Tamén se continúan as reformas iniciadas en 1810: abolición dos privilexios de clase, señoríos, vinculeiros e a Inquisición, preparouse o Código Penal...<ref name="cervantesvirtual.com"/>
 
Continúan as tensións políticas e sociais. Así, dunha banda, os liberais divídense entón en dous bandos: ''doceanistas'' ou moderados (que apoiaban a Constitución de 1812) e ''vinteanistas'' ou exaltados (que pensaban que dita constitución era moi feble para o que precisaba España).
Liña 86:
 
== Sucesión ==
Desde 1713 estaba en vigor a [[Lei Sálica]], que impedía reinar ás mulleres. En 1789, as Cortes aprobaron unha Pragmática Sanción que a derrogaba, pero éstaesta no foi publicada ata 1830, cando o Rei, no seu cuarto matrimonio, con María Cristina de Borbón, esperaba un sucesor. Pouco despois, naceu a princesa Isabel. Na Corte formouse entón un grupo que defendía a candidatura ao trono do irmán do rei, Carlos María Isidro de Borbón, e negaba a legalidade da Pragmática, publicada en 1830.
 
En 1832, coa ocasión dunha grave enfermidade do Rei, cortesanoscortesáns carlistas convenceron ao ministro Francisco Tadeo Calomarde para que Fernando VII firmara un Decreto derrogatorio da Pragmática, que deixaba outra vez en vigor a Lei Sálica. Coa melloría do Rei, o Goberno, dirixido por [[Francisco Cea Bermúdez]], deu de novo vigor á Pragmática, co que á morte do Rei, o [[29 de setembro]] de [[1833]], quedaba, como herdeira, a súa primoxénita Isabel, que reinaría co nome de Isabel II<ref name="cervantesvirtual.com"/>. Aínda que a súa viúva María Cristina de Borbón, exerceu como rexente de España até que Isabel, chegase a maioría de idade para reinar.
 
==Valoración do seu reinado==