Tolosaldea: Diferenzas entre revisións

Tradución da wikipedia en castelán
(Nova páxina: "{{Comarca de España | nome = Tolosaldea | mapa = Gipuzkoa - Tolosaldearen kokapena.gif | capital = Tolosa | país...")
 
(Tradución da wikipedia en castelán)
 
O eixo principal da comarca é o val do [[río Oria]], no seu curso medio. Limita polo norte con [[Donostialdea]], polo oeste con [[Urola Kosta]], polo sur con [[Goierri]] e polo leste con [[Navarra]], concretamente coa comarca de [[Leitzaldea]].
 
== Topónimo ==
O seu nome en [[lingua éuscara|éuscaro]] significa literalmente "a zona de Tolosa". A comarca xira arredor da localidade de [[Tolosa, Guipúscoa|Tolosa]], que é o seu concello máis importante e fai as funcións de capital comarcal. Historicamente sempre foi así, e de feito todos os concellos que forman a comarca pertenceron no pasado á xurisdición da vila de Tolosa, da que se foron separando paulatinamente.
 
A comarca tamén era coñecida como ''Beterri'', que significa en [[lingua éuscara|éuscaro]] "Terra Baixa", en contraposición coa comarca de [[Goierri]] ("Terra Alta") situada ao sur. Este nome está actualmente en desuso.
 
== Concellos ==
|}
<br clear=all>
 
== Economía ==
A principal actividade económica da comarca é a industrial, onde ten unha maior tradición a industria papeleira. [[Tolosa, Guipúscoa|Tolosa]] concentra a maior parte dos equipamentos, servizos e comercios da zona, aínda que as boas comunicacións fan que os concellos da zona norte se despracen á capital provincial, [[Donostia]].
 
A actividade industrial concéntrase no eixo que une [[Tolosa, Guipúscoa|Tolosa]] e [[Andoain]]. Os concellos situados nas zonas laterais teñen unha actividade rural moi acusada.
 
== Véxase tamén ==
48.050

edicións