Acontecementos en Vitoria en 1976: Diferenzas entre revisións

sen resumo de edición
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia e características: Arranxos varios using AWB
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
== Historia e características ==
[[Ficheiro:Recriminacion a fraga na usc.jpg|miniatura|dereita|Cartel opositor das políticas levadas a cabo por Fraga durante o franquismo, entre elas as relacionadas cos acontecementos de Vitoria en 1976, colgado no taboleiro de novas da Facultade de Historia da USC durante os días posteriores ao falecemento do político vilalbés.]]
Durante o mes de xaneiro de [[1976]] arredor de seis mil traballadores iniciaron unha folga en contra do decreto de topes salariais e en defensa de mellores condicións de traballo. Dous meses despois convocaron por terceira vez unha folga xeral que foi masivamente seguida o día 3 de marzo. Ese mesmo día a policía armada entrou na igrexa San Francisco de Agarrades en Vitoria, na que estaba previsto realizar unha asemblea de traballadores e, facendo caso omiso da decisión do párroco e do contido do Concordato, cominou ao desaloxo. Pouco despois do ultimato, as forzas da orde dispararon [[gas lacrimóxeno|gases lacrimóxenos]] nun recinto pechado e ateigado de xente. O tropel de xente que foi saíndo do templo, foi agredido fisicamente, do cal se derivou o [[asasinato]] de [[Pedro María Martínez Ocio]], traballador de [[Forjas Alavesas]], de 27 anos, [[Francisco Aznar Clemente]], operario de panadarías e estudante, de 17 anos, [[Romualdo Barroso Chaparro]], de Agrator, de 19 anos, [[José Castillo]], de Basea, unha sociedade do Grupo Arregui, de 32 anos. Dous meses despois morrería [[Bienvenido Pereda]], traballador de Grupos Diferenciales, con 30 anos. Dous obreiros mortos no lugar dos feitos, catro feridos moi graves dos cales tres morrerían, e varios feridos máis, algúns con ferida de bala, foron o resultado dado masacre.
 
Aquel xoves o Secretario Xeral do [[SPD]] de [[Alemaña]] cancelaba a entrevista con Fraga que participaba nunha campaña diplomática para vender internacionalmente unha reforma avalada pola [[monarquía]]. O sábado, Manuel Fraga Iribarne, entón Ministro da Gobernación, xunto con [[Rodolfo Martín Villa]], Ministro de Relacións Sindicais, e o xeneral Campano, director da [[Garda Civil]], tentaban, visitando aos feridos, reducir o impacto da súa decisión de usar a [[violencia]] contra os manifestantes.
Liña 12:
Unha comisión do [[Parlamento Vasco]] considerou responsables políticos dos sucesos os "titulares dos ministerios actuantes neste conflito", é dicir: Manuel Fraga Iribarne, ministro de Gobernación (en Alemaña durante os sucesos, e polo tanto tamén como "ministro de xornada" o encargado de cubrir a súa ausencia física e de asumir responsabilidades [[Adolfo Suárez González]]), Rodolfo Martín Villa, ministro de Relacións Sindicais, e [[Alfonso Osorio]], ministro de Presidencia.<ref>[http://www.parlamento.euskadi.net/pdfs_publi/1/08/000164.pdf ''Resoluciones. Sobre los hechos ocurridos en Vitoria-Gasteiz el 3 de marzo de 1976 (Acuerdo del Pleno'')], Boletin Oficial do Parlamento Vasco, VIII lexislatura, 04/07/2008, nº 164, pp. 28245-28254.</ref>
 
Décadas máis tarde, o [[16 de xuño]] de [[2011]], foi rexeitada cos votos do [[Partido Socialista de Euskadi|PSE]], [[Partido Popular|PP]] e [[UPyD]] unha proposición non de lei no [[Parlamento Vasco]] sobre a necesidade de declarar "vítimas do terrorismo" as personaspersoas que resultaron afectadas nestes sucesos e instar o [[Goberno español]] a recoñecer a responsabilidade do Estado.<ref>[http://www.gara.net/azkenak/06/273023/es/PSE-PP-UPyD-rechazan-incluir-3-marzo-entre-victimas-terrorismo ''PSE, PP y UPyD rechazan incluir a las del 3 de marzo entre las "víctimas del terrorismo"''], ''Gara'', 16 de xuño de 2011.</ref>
 
=== Transcricións policiais dos feitos ===
7.964

edicións