Ciencia medieval: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=apaixonado
Jglamela (conversa | contribucións)
ligazón
Liña 317:
A ciencia árabe-musulmá está fundada na tradución e a lectura crítica das obras da Antigüidade.<ref>Certas obras dos mecánicos de Alexandría, como o libro dos aparellos pneumáticos de [[Filón de Bizancio]], non se coñecen hoxe máis que por medio da [[civilización islámica]].</ref> A expansión do saber árabe-musulmán está estreitamente ligada ás guerras de conquista do [[Islam]] que permitiu aos [[Arabia|árabes]] entrar en contacto coas civilizacións hindú e chinesa. O papel, empréstito dos chineses, substituíu rapidamente ao pergameo no mundo musulmán. O [[Califa]] [[Harún al-Rashid]], apaixonado da [[astronomía]], crea en [[829]] en Bagdad o primeiro [[observatorio]] permanente, o que permitiu aos seus astrónomos realizar os seus propios estudos do movemento dos astros.
 
[[Al-Biruní]], retomando os escritos de [[Eratóstenes]] de Alexandría, calcula o diámetro da Terra e afirma que xira sobre si mesma, moito antes que [[Galileo]]. En [[832]] fúndanse as [[As Casas da sabedoría|Casas da sabedoría]] (''Bait al-hikma''), lugares onde se comparte e desde onde se difunde o saber. En [[medicina]], [[Avicena]] ([[980]] - [[1037]]) redacta unha monumental enciclopedia, o [[Canon da Medicina]] (''al-Qanun''). [[Ibn Nafis]] describe a [[circulación sanguínea]] pulmonar, e [[Abu Bakr Mohammad Ibn Zakariya al-Razi|al-Razi]] recomenda o uso do [[etanol|alcohol]] en medicina. No [[século XI]], [[Abu-l-Qasim az-Zahrawi]] (coñecido como Abulcasís en Occidente) escribe unha obra de referencia para a época, sobre a [[cirurxía]]. En [[matemáticas]] a herdanza antiga salvagárdase e profundízase, permitindo o nacemento da [[álxebra]]. A utilización das [[numeración indoarábigaarábiga|cifras árabes]] e do [[cero]] fan posíbel os avances en [[Combinatoria|análise combinatoria]] e en [[trigonometría]].
 
=== A ciencia na China medieval ===