Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
Xa viúvo, retornou á [[Igrexa Católica Romana]], e recluíuse certo tempo no convento franciscano de [[Varatojo]]. Finou na súa casa de Lisboa por mor dunha [[pneumonía]].
 
Publicou varios traballos de [[lexicografía]] dialectal e lexicografia histórica e estudos de [[etimoloxía]] e de [[onomástica]], contribuíndo ao encadramento xeral na descrición dos fenómenos da fonética histórica da lingua portuguesa. Tamén se dedicou ao estudo e a edición de textos medievais, nomeadamentemaiormente obras de carácter [[Haxiografía|haxiográfico]], especialmente das vidas de santos portugueses, moitas delas inéditas. Na vertente didáctica, elaborou e publicou compendios gramaticais e [[antoloxía]]s (entón designadas ''crestomatías'') destinados a seren utilizados polos estudantes de secundaria.
 
Presentou diversos traballos de índole científica como socio correspondente, e despois efectivo, da Academia de Ciencias de Lisboa, á cal cedeu o seu legado literario. Foi tamén membro de varios asociacións académicas e científicas, e participou en congresos e reunións internacionais. Era un notable [[políglota]], falando e escribindo correctamente en varias linguas.
7.964

edicións