Menendo II Gundisalviz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Isili0n (conversa | contribucións)
Liña 4:
 
== Rexencia de Afonso V ==
Denantes de 999, o rei [[Vermudo II]] mandou o seu herdeira, Afonso V, baixo a titoría do seu alférez Mendo{{Sfn|Prado-Vilar|1997|pp=33-34}}{{Sfn|Mattoso|1981|p=146}}. Afonso tiña tan só cinco anos cando o seu pai finou no mes de setembro de 999 e pasou os primeiros anos do seu reinado baixo o coidado de Mendo e maila súa esposa. O primeiro acto de Afonso coma rei data do 13 de outubro de 999, onde enumera como confirmantes primeiro o conde Mendo «''Menendus Gundisaluiz, comes''» e logo o «duque» (conde) [[Sancho García]] «''Santius, dux, Garsea prolis''». Mendo tamén aparece en documentos contemporáneos co título de duque, como en «''dux domnus Menendus proles Gundisalvi''»{{Sfn|Sáez|Sáez|2006|pp=78-80, doc. 261}}{{Sfn|Pallares Méndez|Portela Silva|1987|p=23, n. 6}}.
 
O mozo Afonso sempre aparece nas súas primeiras cartas a carón da súa nai, [[Elvira García]], unha irmá do conde de Castela e posibelmente exercendo a rexencia so a súa influencia. Despois de 1003, Elvira non aparece máis nas cartas reais; quizais foi retirada por un golpe palaciano de Mendo. Ao subscribir un acto real, Mendo foi tan lonxe como para chamarse a si mesmo «o que baixo a autoridade do mencionado rei ordena e guía todas as cousas» («''qui sub imperio iam dicti regis hec omnia ordinavit et docuit''»). En 1004, Sancho cuestionou a rexencia de Mendo. Ambos os condes pediron ao ''[[hajib]]'' [[Califato de Córdoba|cordobés]] [[Abd al-Malik al-Muzaffar|al-Muzaffar]] que arbitrase a agarra. Segundo Ibn Khaldun, celebrouse unha audiencia e o substituto de al-Muzaffar, o ''qadi'' da comunidade [[Mozárabes|mozárabe]] de Córdoba, Asbag bin Abd Allah bin Nabil, estivo a favor de Mendo. Segundo algunhas fontes isto tivo lugar en [[Córdoba, España|Córdoba]] coa presenza dos dous condes contendentes, mais segundo outras fontes a liorta ocorreu en [[León, España|León]].