Ingravidez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Máis, da wikipedia en español
Liña 5:
== Efectos no organismo humano ==
As funcións fisiolóxicas case non se alteran polo estado de ingravidez pero pode afectar nalgún grao á saúde <ref name="NYT-20140127">{{cita novas |last=Chang |first=Kenneth |título=Beings Not Made for Space |url=http://www.nytimes.com/2014/01/28/science/bodies-not-made-for-space.html |data=27 de xaneiro de 2014 |xornal=[[New York Times]]}}</ref>. Pode prexudicar o sentido da orientación xa que en terra está rexido polos [[otólito]]s (minúsculas concrecións calcarias no [[oído interno]]). Ao non pasar os otólitos, prodúcese [[vertixe]], [[náusea]] e outros trastornos concordantes cun [[mareo]] común. Non obstante, unha preparación axeitada, como a que reciben os astronautas, pode atenuar esas molestias. Unha consecuencia, non aparente, da ingravidez é unha leve [[atrofia]] [[músculo|muscular]] e a [[desmineralización]] ou perda de [[materia ósea]] polo [[esqueleto]] logo dunha estada prolongada no espazo.
 
Nos voos e estacións espaciais realízanse experimentos biolóxicos mediante observacións persoais ou con animais de laboratorio. Tamén existen [[Satélite artificial|satélites]] biolóxicos deseñados para estudaren os problemas relativos ao comportamento dos organismos en estado de ingravidez e sometidos ás [[radiación|radiacións]] cósmicas.
 
A síndrome de adaptación ao espazo é un dos principais efectos sobre o corpo humano da ingravidez, consiste nun malestar que acaece en diferente medida segundo cada organismo humano e tan só se manifesta no primeiro día en ingravidez, bardante algún caso durante dous días. Maniféstase por mareos e vómito así como abatemento xeral. Empregouse a [[escopolamina]] con pouco éxito, mais a [[prometazina]] dá mellores resultados.
 
Outro efecto é o desprazamento de líquidos cara á parte parte superior do copo, ese movemento cara ao tórax e a cabeza orixinan inchazo e sensación de pulsacións no pescozo, obstrución nasal e adelgazamiento das extremidades inferiores e da cintura. Este efecto provoca intolerancia [[ortostática]], dificultade para permanecer de pé, ao regresar á Terra. Acálmase bebendo un litro de solución salina antes de volver a condicións de gravidade normal. Tamén afecta ao descondicionamento cardiovascular e á perda de glóbulos vermellos. O corazón reduce o seu traballo por mor da redución de líquidos no corpo, aproximadamente un 10%. Tamén diminúen os glóbulos vermellos por causas que aínda no se coñecen. Este efecto non lles afecta na práctica aos astronautas e desaparece logo de varias semanas na Terra.
Tamén se produce descondicionamento muscular xa que debido á falta de gravidade os músculos tenden a perder masa xa que as pernas non teñen que cargar o peso do corpo como na Terra, ademais a maioría do resto dos músculos requiren só unha ínfima parte da súa enerxía para mover o corpo humano, xa que o peso das extremidades e cabeza desaparece quedando só a inercia. Este efecto repárase coa realización de exercicio durante todo o tempo de ingravidez. Por último tamén se produce deterioro óseo, ao descalcificarense os ósos en estadas longas, non é algo reversible e é un dos problemas máis serios.
 
== Notas ==