Embriaguez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
vou retirando material para artigo propio
Lameiro (conversa | contribucións)
Liña 31:
 
== A borracheira na cultura popular galega ==
=== Refraneiro ===
[[Ficheiro:Henri de Toulouse-Lautrec 001.jpg|miniatura|300px|''No restaurante La Mie'' [[Henri de Toulouse-Lautrec]] [[1891]]]]
* A beber viño nunca me gañou veciño.
* A xente ve o que bebo, mais non ve a sede que teño.
* A auga non emborracha, nin enferma nin entrampa.
* A xogueta e a bebedela botan as casas por terra.
* Alegre, alegrete, arranca-carrascos e tente-bonete.<ref>Son os graos da bebedela.</ref>
* Bebamos, hastra que non nos vexamos.
* Borracheira de auga non emborracha.
* Cando o borracho ronca, o viño no barril apousa.
* Debaixo dunha mala capa hai un gran bebedor.
* Deus te garde de amigo reconciliado, de can atado, de borracho irado e de home arroutado.
* Ninguén que beba viño chame borracho ó seu veciño.
* Ninguén se emborracha co viño da súa casa.
* Nosa Señora dos Arcos, avogada dos borrachos.<ref>Álvarez Blázquez recólleo como refrán na súa compilación do ''Refraneiro do Viño'', sen explicación de que "Nosa Señora dos Arcos" se trata.</ref>
* O amor e o viño sacan ao home de tino.
* O borracho logo solta o que ten no papo.
* O que se dá á bebida ben pouco estima a súa vida.
* O viño das cepas vellas quenta as orellas.
* O viño do Ribeiro ten sona de paroleiro.
* O viño ten tres propiedades: facer durmir, facer rir e as cores saír.
* Por un amigo non é pecado que se emborrache un home honrado.
* Quen bebe un pouco, bebe un pouco máis.
* Por san Martiño cae máis auga do que o borracho bebe viño.
* Un gotiño de augardente deixa o estómago quente e fai ó home forte e valente.
* Viño en sopas non emborracha.
 
=== Cantigueiro ===
* O cuco canta no monte/ e na torre a cigoña,/ o paxariño na gaiola/ e o borracho na taberna.