Embriaguez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Lameiro (conversa | contribucións)
vou retirando material para artigo propio
Liña 23:
 
== A borracheira na cultura popular ==
{{vt|A borracheira na cultura popular galega}}
 
Os sucesivos estadíos polos que vai pasando quen bebe son comparados por unha lenda árabe cos seguintes animais:
# [[Primate|Mono]]: na fase de excitación o individuo presenta un comportamento inquieto, faladeiro, mesmo gracioso, pero segue sendo consciente dos seus actos e das súas palabras. Móstrase menos inhibido e aumenta a súa locuacidade, elocuencia e sociabilidade.
Liña 61 ⟶ 63:
* Para cantar e beilar,/ as nenas da Pelengrina;/ para beber a perrita,/ as borrachonas de Elviña <ref>O colector desta cantiga, Pérez Ballesteros, explica que "''Pelengrina é unha parroquia do Burgo, próxima á Coruña''"; actualmente, O Burgo é lugar e parroquia do concello limítrofe de [[Culleredo]], e nin ''Pelengrina'' nin forma parecida figuran no Nomencátor. [[Elviña, A Coruña|Elviña]] é parroquia próxima á Coruña. Segundo Eladio Rodríguez, a ''perrita'' é unha "''copa de aguardiente de caña, que tomaban en La Coruña los pescadores y marineros en ayunas, para entonar el estómago, al salir a sus faenas. Esta costumbre antigua llamábase 'toma-la perrita', y desapareció en la primera veintena del actual siglo''" (refírese ó século XX).</ref>.
* Sempre suspirei, de moza,/ por un guapo labrador,/ agora tamén o teño/ borrachón e xogador.
 
=== Locucións ===
[[Ficheiro:Imlauer Ihr zu Fuessen 1883.jpg|miniatura|200px|Borracho coma un pelexo.]]
* Andar feito unha cuba: estar completamente borracho.
* Coller unha mosca: emborracharse.
* Comprar unha mula: emborracharse.
* Estar borracho coma un pelexo
* Estar coma unha cuba
* Pesarlle a un a cabeza máis cós pés: non terse en pé como consecuencia do estado de embriaguez.
* Pillar unha merluza: castelanismo por coller unha borracheira.
* Ser un borrachelas: dado á bebida, aínda que sen chegar a ser un borracho habitual.
* Te-la lingua grosa: estar bébedo e mostrar dificultades na fala.
 
=== Léxico relacionado ===
 
==== Emborracharse ====
A acción de emborracharse, como os termos ''borracheira'' e ''borracho'', reciben en [[Galicia]] numerosas denominacións, descritivas ou [[eufemismo|eufemísticas]]. Nesta sinonimia tan ampla inflúen diversos factores, como o rexistro do falante (culto, coloquial, vulgar) ou os distintos graos que se poden presentar, desde o resultante do consumo de pequenas cantidades, que causan ''contenteira'', ata a borracheira absoluta. Inclúense tamén algúns [[castelanismo]]s que, por razóns eufemísticas, adoitan utilizarse para referirse a determinados feitos como o que nos ocupa, ou de carácter sexual ou escatolóxico:
* Aballoarse, acamballarse, achisparse, afumarse, embebedarse, embriagarse, empiparse, encherse, enchisparse.
 
==== Borracho ====
* Aballoado, achispado, aforador, afumado, alegre, alustrado, bébedo, bebido, borracheiro, borrachel, borrachento, borrachín, caneco, chiquiteiro, chispo, dipsómano, ebrio, embriagado, mamado, peneco, peneque, tomado.
 
Coa palabra ''borracho'' e ''borracha'' desígnanse tamén outras realidades:
* ''Borracho'':
** Dise dalgúns froitos, como o [[pexego]], de polpa de cor do [[viño]] tinto (''pexego borracho'').
** Denominación recibida por diferentes especies de [[peixe]]s do xénero ''Trigla'' (''T. lucerna'', ''T. cuculus'', ''T. gurnardus'', ''T. hirundo''), tamén coñecidos como [[escacho]]s ou escachos vermellos. O nome vénlles da súa coloración avermellada.
* ''Borracha'':
** Bota para o viño.
** Denominación de distintos [[molusco]]s gasterópodos mariños, como a ''Aplysia punctata'', semellante a unha lesma de gran tamaño (tamén se chaman [[lebre de mar|lesmas de mar]]), que deitan unha tinta de cor violácea escura.
** Peixe tamén denominado [[choupa]] (''Spondyliosoma cantharus''), chamado así polas manchas que presenta no seu corpo, que semellan ás que deixa o viño tinto na roupa.
** [[Buxaina]].
 
Co nome de ''borrachiños'' desígnase:
* Os froitos do [[érbedo]] (denominación recollida no este de Lugo e concellos galegofalantes de Asturias, como [[Navia, Asturias|Navia]] ou [[Coaña]], e do [[O Bierzo|Bierzo]]; en [[Santander]]: ''borrachos''). O seu consumo, en ben maduros, producen síntomas similares á borracheira.
* Uns biscoitos ou chulas feitas con [[pan]] mollado en viño ou xerez, salferidas de [[azucre]]. Cómense como sobremesa.
 
==== Borracheira ====
* Asturiana, bebedeira, bebedela, borrachea, cagallón, calcada, candonga, candorga, carena, carpanta, carrada, chea, chispa, coello, cogorza, curda, ebriedade, embriaguez, filomena, gaita, galumera, jesusa, larada, lona, lorbaga, lupanda, merda, merluza, mona, pea, pedo, pelica, petenera, raposa, talanguera, talanquera, taranqueira, tallada, temulencia, toalla, tralla, tranca, trompa, trusca, turca.
 
Tamén recibe o nome de ''borracheira'' unha planta gramínea, máis coñecida como [[xoio]] (''Lolium temulentum'', en castelán ''cizaña''), que crece entre os campos de [[trigo]] ou [[cebada]] e produce unha espiga cuns grans ricos en ''temulina'', substancia que, mesturada coa fariña, fai que o pan feito con ese cereal contaminado con estoutra gramínea produza vértixes e alteracións semellantes a unha borracheira.
 
<gallery>